O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade reafirmou o compromiso das Deputacións e Concellos socios co desenvolvemento dos países empobrecidos na conmemoración do seu 15º aniversario. O evento, celebrado o pasado venres 30 de novembro en Santiago de Compostela, contou coa presenza da subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero; de políticas coma Carmen Gallego, Ana Miranda, Yolanda Díaz ou Camilo Nogueira; ONGD, sindicatos e representantes de distintos colectivos.