Nacións Unidas presentou onte en Bangkok o último Informe anual sobre Desenvolvemento Humano. Nesta ocasión o informe aborda os mitos existentes en torno á migración, defendendo que permitila, tanto entre países coma no seu interior, ten o potencial de aumentar a liberdade das persoas e mellorar a vida de millóns de habitantes.
Este informe, presentado por primeira vez en 1990, consolidouse como unha ferramenta de traballo clave no ámbito da cooperación. Trátase dunha publicación independente encargada polo PNUD cuxa directora nesta ocasión foi Jeni Klugman.