Outras novas

  • 04/09/2009
    Outras novas

    Con motivo da conmemoración o 8 de setembro do Día do Cooperante, a AECID celebra entre os días 7 e 14 deste mes a Semana da Cooperación, na que haberá diferentes actos tanto en España coma no exterior, encamiñados a sensibilizar á sociedade sobre a importancia de dedicar os máximos esforzos posibles á erradicación da pobreza e á promoción do desenvolvemento.

  • 15/07/2009
    Outras novas
    • O comercio co continente negro foi en 2008 dez veces maior que en 2000
       
  • 14/07/2009
    Outras novas

    Os compromisos de axuda na loita contra a SIDA provenientes do Grupo dos 8 e da Comisión Europea alcanzaron en 2008 case os 9 mil millóns de dólares, bastante por enriba dos menos de 7.000 millóns do ano anterior.

     

    Fonte: afrol News.

  • 10/07/2009
    Outras novas

    Os países participantes no cumio do G-8 comprometeron este venres un total de 20.000 millóns de dólares, 5.000 millóns máis do esperado, ao longo dos próximos tres anos para combater a fame no mundo, centrando a estratexia fundamentalmente no desenvolvemento da agricultura, o fomento do emprego e a consecución de reformas políticas. No caso de España, que xa comprometera 1.000 millóns en cinco anos, anunciou outros 500 millóns máis destinados á nutrición infantil.

     

    Fonte: Europa Press

  • 26/06/2009
    Outras novas

    Publicada no BOE a Resolución de 23 de maio de 2009, da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional, pola que se convocan subvencións para a celebración de congresos, seminarios e xornadas relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento

  • 19/06/2009
    Outras novas
    • Falece na súa casa na India o cooperante catalán Vicente Ferrer

     

  • 18/05/2009
    Outras novas
    • A axencia española representa esta plataforma na que participan 9 países e 3 organismos de cooperación
  • 22/04/2009
    Outras novas
    • Unha delegación técnica do Fondo Galego viaxará á cidade de Praia, na Illa de Santiago, para intercambiar experiencias en materia de políticas locais de xénero con representantes dos municipios caboverdianos.
    • A actividade encádrase no proxecto de cooperación “Apoio á implementación de políticas locais con perspectiva de xénero", financiado polo Fondo Galego, os Concellos de Arteixo e Vilagarcía e máis as Deputacións da Coruña e Lugo.

     

  • 17/04/2009
    Outras novas

    O Consello de Ministros do Goberno español autorizou hoxe a concesión dunha subvención por un importe de 20 millóns de euros, á Reserva Alimentaria Internacional de Emerxencia, do Programa Mundial de Alimentos (PMA) de Nacións Unidas.
    A finalidade da subvención é a de atender chamamentos do Programa Mundial de Alimentos mediante asistencia alimentaria en situacións de emerxencia e operacións prolongadas de socorro no marco da cooperación internacional.

  • 17/04/2009
    Outras novas

    O goberno de Sudán permitirá de novo a entrada no país de cooperantes estranxeiros, tras expulsar o pasado mes de marzo as organizacións internacionais despois de que A Haia solicitase a detención do presidente sudanés.
    Segundo anunciou hoxe John Kerry, presidente do Comité de Relacións Exteriores do Senado de Estados Unidos, en declaracións ao diario local 'Sudan Tribune' e con motivo da visita que realiza o país, "será restaurada parte da capacidade de asistencia humanitaria".