O cargamento consiste en 54 toneladas de axuda de emerxencia, concretamente kits hixiénicos familiares, kits de cociña e mantas, subministrado pola AECID, Cruz Roja Española, Xunta de Galicia, Junta de Extremadura, Farmamundi e o Concello de Barcelona, ten previsto beneficiar a 150.000 persoas.
Á saída da carga na base militar de Torrejón de Ardoz (Madrid) acudiron o Ministro de Exteriores e de Cooperación, Miguel Ángel Moratinos, a Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, e o director da AECID, Juan Pablo de Laiglesia.
España destinou ata o momento para esta crise 6,5 millóns de euros, ademais dos dous avións enviados hoxe. En concreto, un millón de euros de axuda extraordinaria ao Comité Internacional da Cruz Roja e outro medio millón á Media Luna Roja, ao que hai que lle sumar o anuncio do xoves de cinco millóns de euros á Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos.
Máis sós ca nunca, os palestinos seguen soportando a ofensiva israelí que deixa 710 mortos e máis de tres mil feridos e nunha situación límite a toda a poboación
O evento solidario, celebrado en Santiago o pasado domingo, recadou 2.300 € que serán destinados a un proxecto de cooperación ao desenvolvemento no estado indio de Tamil Nadu.
A representación de " O libriño non me levou ao país das marabillas" encádrase nunha Xornada de sensibilización da campaña “STOP AO TRÁFICO DOS NENOS E NENAS” da ONG Terra de Homes.
O proxecto Diálogos para a cooperación cos pobos indíxenas nace como unha iniciativa conxunta de sensibilización das organizacións non gobernamentais Mugarik Gabe, Acsud-As Segovias País Valencià, alterNativa Intercambio con Pobos Indíxenas e Almáciga, deseñada co obxectivo de incrementar e mellorar as capacidades de análises e reflexión de cinco grupos de actores políticos e sociais do Estado español, e do público en xeral, sobre os dereitos colectivos e as alternativas de desenvolvemento dos pobos indíxenas de América Latina.
IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO convoca a IV edición do seu CONCURSO DE MICRO-RELATOS ao redor do tema do seu décimo aniversario que se ven celebrando ao longo deste ano 2008