A Axencia da ONU para a poboación Refuxiada (ACNUR), no seu informe "Tendencias mundiais 2006", dado a coñecer hoxe, revela que o número de persoas refuxiadas baixo o mandato da axencia medrou un 14% o pasado ano, acadando case os 10 millóns. o nível máis alto dende 2002. En 2006, o maior grupo da poboación refuxiada baixo o mandato da ACNUR seguiu sendo a afgana (2,1 millóns), seguido pola iraquí (1,5 millóns), sudanesa (686.000), somalí (460.000) e da República Democrática do Congo e Burundi (sobre 400.000). As estatísticas da ACNUR no inclúe a uns 4,3 millóns de persoas refuxiadas palestinianas en Jordania, Siria e os Territorios Palestinos Ocupados.