Outras novas

  • 09/04/2007
    Outras novas

    ¿Qué pasaría si no planeta só viviran 100 persoas?

    O texto que orixinou esta animación web foi publicado en 1990 baixo o título "Reporte sobre o estado da Aldea". As estatísticas foron actualizadas baseándose en publicacións especializadas e informes sobre a poboación mundial creados por Nacións Unidas e outras fontes.

  • 03/04/2007
    Outras novas

    Voluntariado Galego ofrece esta web para faciliar o acceso público á información da que dispón e a información que outras entidades de acción voluntaria queiran facer pública a través da mesma. Esta renovada web nace coa intención de servir de punto de encontro para todo o movemento voluntario de Galiza.  

  • 03/04/2007
    Outras novas

    O día 16 de abril de 1995 a mafia tapiceira de Pakistán asesina a Iqbal Masih, neno de 12 anos, escravo do traballo tapiceiro. Destacou pola súa loita internacional contra a existencia de 400 millóns de nenas e nenos escravos e pagouna coa súa vida. Como militante do Frente de Liberación do Traballo Forzado, durante a súa vida asociada chegou a pechar varias empresas nas que as persoas que alí traballaban eran nenas e nenos escravos. Nenas e nenos que son explotados con xornadas de máis de 12 horas diarias.

    O día 16 de abril, en conmemoración da morte de Iqbal Masih, declarouse como Día internacional contra a Escravitude Infantil

  • 03/04/2007
    Outras novas

    Un acordo de paz non significa rematar coa violencia das guerras. Baixo terra quedan minas antipersoa que matan e mutilan, case sempre, a civís. No Día contra as Minas, a ONU fala de entre 15.000 e 20.000 vítimas. 

  • 02/04/2007
    Outras novas

    No 2006, a ONU puxo en marcha o Fondo Común da ONU para Emerxencias (CERF), un órgano que debe dar respostas rápidas ás crises humanitarias. Os retrasos nos fondos e a perda de cartos de outras axencias en beneficio do CERF son algúns dos temas a mellorar.

  • 02/04/2007
    Outras novas

    Emisión na TVG, o luns 16 de abril de 2007, ás 9:45 horas da entrevista a Dra. Manimekalai no programa A Entrevista, no espazo Bos Días, presentado por Marga Pazos e Carlos F. Amado

     

  • 01/04/2007
    Outras novas

    Iraq avanza hacia as conversacións entre Goberno e insurxentes. Arxelia advirte da posible volta ás hostilidades entre Marrocos e o Frente Polisario. Son algúns casos dos analizados pola Escola de Cultura de Paz.

  • 29/03/2007
    Outras novas

    A rexión de África Subsahariana xa é a segunda zona xeográfica con maior volúme de inversións e programas de ONGD españolas. Pola contra, os fondos destinados a proxectos no Oriente Medio baixaron un 36% de 2004 a 2005.

  • 29/03/2007
    Outras novas

    O Informe de Worldwatch Institute sobre "O Estado do Mundo" afirma que 1.000 millóns de persoas nas cidades viven sen acceso a servizos básicos. Porén, só o 4% da axuda ao desenvolvemento invírtese nas zonas urbanas

    Máis información

  • 27/03/2007
    Outras novas

    Obra Social Caixa Galicia, no marco do seu compromiso co fortalecemento do Terceiro Sector Galego, organiza a III edición do Plan de Formación e consultoría para ONGs 2007, composto por 3 programas formativos adaptados ás diferentes realidades e necesidades do tecido asociativo galego.

    • II Programa de Planificación Estratéxica
    • III Programa de Introdución á Xestión de Calidade
    • II Programa de Certificación ISO

    O 31 de marzo finaliza o prazo para presentar a solicitude de participación no Plan de Formación e Consultoría 2007