Outras novas

  • 12/06/2007
    Outras novas

    O pobo indíxena achuar corre o perigo  de desaparecer no Perú polas actividades da exploración e extracción de petróleo da compañia estadounidense Occidentral Petroleum, máis coñecida como Oxy. Depois de 30 anos de operacións no territorio indíxena achuar na amazonía peruana, esta empresa petroleira multinacional realizou prácticas destrutivas que contaminaron severamente ecosistemas únicos e sensíbeis, e que tiveron como resultado impactos profundos sobre os dereitos e a saúde das comunidades que residen na área.

  • 07/06/2007
    Outras novas

    O xurado destacou a decisiva contribución á busca de solucións ao cambio climático de Al Gore. Có premio, a organización tamén destaca a labor de persoas e institucións que traballan a favor do medio ambiente. Al Gore traballou ao longo da súa vida pola defesa dos valores ecoloxisas. No verao de 2006, lanzou o documental "Unha verdade incómoda" sobre o quecemento global e o cambio climático, polo que obtivo dous premios Oscar na categoría de mellor documental en 2007.

  • 04/06/2007
    Outras novas

    Hoxe, 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. En todo o mundo lánzanse propostas para sensibiliar sobre un tema tan candente como o cambio climático e as súas consecuencias. Dende 1990 rexistráronse as temperaturas máis altas dos últimos 125 anos. O récord tenno, ate o de agora, o ano 2005, segundo estudos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (Pnuma).

  • 03/06/2007
    Outras novas

    Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, mañá martes 5 de xuño, Amigos da Terra presenta a campaña sobre consumo Mercando pobreza, consumindo o Planeta, es ti responsable?, unha reflexión sobre as consecuencias sociais, económícas e medioambientais derivadas do consumismo desmesurado da sociedade actual.

  • 29/05/2007
    Outras novas

    As ecoaldeas plantexan unha forma de vida cotiá dirixida a reducir o impacto ao que sometemos ao planeta. O movemento das ecoaldeas que naceo a finais dos anos oitenta en Centroeuropa está demostrando que é posible outra forma de vivir fora do consumismo, de acordo a principios ecolóxicos e de respecto ao medio ambiente e cun modelo de comunidades sostibles que está presente en boa parte de Europa, América, África e Oceanía.

  • 29/05/2007
    Outras novas

    O Congreso dos Diputados aprobou onte martes, por unaminidade, unha proposición non de Lei que pide ao goberno español que apoie aos países en desenvolvemento nos seus intentos de acceder a medicamentos. O acceso aos xenéricos fixo diminuir o prezo de varios medicamentos. Na actualidade, o principal produtor de medicamentos xenéricos no mundo é India, que exporta o 70% deles a outros países en desenvolvemento. As presións multinaciais farmacéuticas están obstaculizando a adquisición e a produción deste medicamentos. Dende Intermón Oxfam e MSF recordan a demanda que a empresa Novartis interpuxo á Lei de Patentes na India.

  • 28/05/2007
    Outras novas

    Son 370 millóns e están dispersos por todo o mundo. Os pobos indíxenas son moitos e diversos pero viven problemas comúns e amósanse activos para afrontalos. Viven no ártico canadiente, en Rusia, Guatemala, Ecuador, Australia, Camboia, Níger... e así ata 70 países de todo o mundo. Estes días, 2.500 representantes deste pobos, celebraron o Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas, onde puxeron sobre a mesa as dificultades ás que se enfrontan e a importancia do indixinismo como maneira para sensibilizar da situación e loitar polo recoñecemento da súa diversidade.

  • 28/05/2007
    Outras novas

    Ante a opinión pública nacional e internacional a Coordinación e Converxencia Nacional Maya Waqib'Kej, expresa o seu rexeitamento ante a onda de ameazas contra diversas Organización Nacionais e Internacionais que veñen apoiando dende fai varios anos diferentes iniciativas para a vixencia plena dos dereitos humanos e os dereitos colectivos dos pobos indíxenas.

  • 28/05/2007
    Outras novas

    Segundo explica Óscar Carpintero, do Comité de Apoio de Attac, moitas análises científicas e ecoloxistas poñen en cuestión os supostos máis comúns sobre o uso da biomasa como fonte de enerxía, polo que parece razoable unha análise detallada das súas ventaxas e inconvenientes 

  • 28/05/2007
    Outras novas

    Médicos sen Fronteiras denuncian que a falta da garantías de seguridade na rexión sudanesa non lles deixa chegar a todos os sitios onde a axuda humanitaria é necesaria. Quen paga as consecuencias, como sempre, é a poboación civil.