Este ano, a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), celébrase do 23 ao 29 de abril, nela millóns de persoas traballarán baixo o lema Únete ¿Polo Dereito á Educación, Xa! Porque a educacion básica é un dereito inherente ao ser humano e, porén, na actalidade aínda hai 80 millóns de nenas e nenos sen acceso á escola e mil millóns de persoas adultas analfabetas. É preciso paliar esta situación para acadar que todas estas persoas podan vivir dunha maneira digna, participando na sociedade eficazmente e protagonizando o seu propio desenvolvemento.