Proxectos

10 anos de Vacacións con Traballo

O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FOGACOSOL) no proxecto denominado “Plan 2015: 10 anos de vacacións con traballo”. O proxecto ten como obxectivo o fortalecemento desde o local e a sensibilización da sociedade galega en torno á cooperación para o desenvolvemento.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fortalecida desde o local a sensibilización da sociedade galega en torno á cooperación internacional para o desenvolvemento.
Obxectivo específico: Promovidas unhas entidades locais máis activas na solidariedade internacional.

Resultados e actividades: 

RESULTADO 1: Reforzada a rede humana e organizativa-institucional do Fondo Galego.
A.1.1.1. Redes Municipalistas Solidarias (RMS)
A.1.1.2. Imaxes con Fondo en Nicaragua
A.1.1.3. X Edición Vacacións con Traballo
A.1.1.4. 2º Encontro de participantes en Vacacións con Traballo 2006-2015
RESULTADO 2: Xeradas actividades de Sensibilización social e Educación para o Desenvolvemento entre as Entidades socias.
A.1.2.1. Mobilizar as Exposicións e os recursos educativos itinerantes
A.1.2.2. Xira da Tropa de Trapo
RESULTADO 3: Visibilizadas nas Entidades socias e na sociedade galega en xeral, o traballo do Fondo Galego en particular, e da cooperación municipalista galega, en xeral.
A.1.3.1. Externalización da comunicación
A.1.3.2. Mantemento do web
A.1.3.3. Memoria 2014: Os Obxectivos do Milenio: Fin e Principios.
A.1.3.4. IAF’s dixitais, publicación cuatrimestral do Fondo Galego
A.1.3.5. Encontros dixitais #Alén2015

Axudas: 

40.000,00 € (2015)