12 Aula itinerante dos contos solidarios
12ª Aula itinerante dos contos solidarios
Un bosque de contos solidarios (Ano Internacional dos Bosques-ONU 2011)
“Bosques para as persoas”
Diante da delcaración pola ONU do ano 2011 como Ano Internacional dos Bosques “Bosques para as personas” e dentro dos obxecivos do Milenio o proxecto da 12ª Aula Itinerante dos Contos Solidarios pretende viaxar por escolas, centros culturais, prazas..., desenvolvento 120 sesións de contacontos con historias sobre a solidariedade e vinculando estos contos ao coidado do contorno natural en especial das árbores e os bosques e a necesidade destes como fonte de vida, fogar e futuro para os habitantes do planeta. Denunciando as talas agresivas, os incendios e o comercio da madeira que conleva a desaparición de pobos enteiros, o cambio climático e aos novos “refuxiados ambientais”.
A primeira proposta de este ano consiste en tentar viaxar as escolas en medios de transporte colecitvos (tren, bus), en patinete e bicicletas promovento alternativas ecolóxicas diante das alumnas e alumnos. Desenvolver un proxecto de animación protagonizado por unha frauta de buxo (para que as nenas escoiten a música do bosque), elaborada por un luthier galego, Zalo Caride, e tres lapiceiros máxicos elaborados por cooperativas do Comercio Xusto e acompañados por un feixiño de monicreques tecidos en Bangladesh, India, Guatemala, Bolivia co Pucho Quechua, a miquiña Abadalaz, a cabra da Liberdade, a fada india das luvas.... todos dentro dun saquiño maia co que viaxa nun PazTinete un atrapador de contos que insture os nenos sobre como poden construir atrpadores de contos con material de refugallo e aprendendo a coser (nenas e nenos, nun obradoiro da igualdade de xénero ¿Sabes coser?), para atrapar os contos que fuxen dos bosques por culpa dos incendios, das guerras, das fames e a miserias.
Contos que fomentan a solidariedade, a xustiza social, o coidado do contorno ambiental, a igualdade de xénero, o comercio xusto.
Contos adaptados a todas as idades, dende educación preescolar, infantil, primaria e tamén para alumnas/os de secundaria e bacherelato.
Completando esta actividade coa
Elaboración da “Carta dos bosques solidarios” que se entregara parar pousar na parede do colexio con recomendacións vinculando os bosques a solidariedade coas personas.
Entrega a cada colexio dunha “Árbore solidaria”, un plantón con maceta de teixo, acivro, sobreira, capudre e faia. Coa que pretendemos construir o Bosque Solidario das nenas e nenos galegos entre todas as escolas participantes na actividade.
Acompañar esta actividade co apoio da páxina web www.contosolidarios.org con contos, recomendacións cinematografias sobre cooperación, fotografias, propostas de participación….
Incluir no proxecto os radicontos, contando historias pola radio en colaboración coas emisoras da privincia de Lugo, Radio Lugo, Radio Principal, Radio Faro, Radio Mariña..
Obxectivo xeral: Concienciar a sociedade sobre o coidado da natureza e a solidariedade a traves dos contos.
Obxectivo específico: Promover hábitos diarios de respecto do contorno natural, a diversidade, igualdade de xenero e cooperacion.
Contacontos, paxina web, plantación da árbore dos contos.
TOTAL 6.000,00 € (2011: 2.400,00 € - 2012: 3.600 €)