Proxectos

1ª RESPOSTA ANTE A EMERXENCIA EN GAZA

O 27 de decembro de 2008 as Forzas de Defensa Israelís lanzaron unha intensa operación militar na franxa de Gaza coñecida como Plomo Fundido. O Ministerio de Saúde palestino afirmaba que arredor de 1.300 palestinos morreron e que miles de persoas resultaron feridas. Ante a gravidade da crise a AECID coordina con diferentes ONGD e coa cooperación descentralizada accións de axuda humanitaria para a poboación afectada polo conflito bélico e realiza o envío de ata 4 avións ao terreo con axuda humanitaria. A FAHG participa no operativo montado co envío de material de primeira necesidade formado por paquetes varios, mantas, cueiros, tarpaulines etc..

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenios Axuda Emerxencia
Rexión: 
Asia
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

AECID

Código CRS: 
43010 - Axuda multisectorial
Obxectivos: 

Paliar a deficiente situación na que se atopan as persoas que viven este conflito e permitirlle á poboación ter unhas condicións mínimas de hixiene e coidado persoal.

Axudas: 

10.000 E