1ª RESPOSTA ANTE O PASO DOS FURACÁNS GUSTAV, HANNA E IKE
Entre os días 24 de agosto e 14 de setembro o paso de tres furacáns polo Caribe deixou máis de 700 persoas falecidas entre Cuba, Haití, República Dominicana, Xamaica e os Estados Unidos (Xeorxia, Luisiana e Florida). O paso de tres furacáns consecutivos deixa uns gastos valorados en 50.000 millóns de dólares. Tras a petición de axuda internacional dos gobernos dos países afectados, a AECID envía 4 avións con axuda humanitaria para atender as vítimas desta catástrofe. Estes envíos fixéronse dende o Centro Loxístico que a AECID ten Panamá, xa que a súa localización estratéxica permite maior axilidade na resposta, e mesmo facer fronte, por primeira vez, a tres urxencias simultaneamente. A FAHG cofinanciou parte do material de primeira necesidade que a AECID enviou a Cuba, este material consistía en 54 unidades de paquetes hixiénicos, 180 unidades de paquetes de cociña, 720 mantas e 400 tarpaulines.
AECID
Colaborar na cobertura de necesidades básicas da poboación afectada tras o paso dos furacáns Gustav, Hanna e Ike.
7000