1ª RESPOSTA EMERXENCIA TERREMOTO EN HAITÍ
Un terremoto de magnitude 7.3 na escala Richter golpeou o 12 de xaneiro unha localidade situada a 15 Km ao suroeste de Porto Príncipe, a capital de Haití, todas as axencias internacionais de axuda humanitaria, incluída a Fundación Pública Axencia Humanitaria Galega (FAHG), comezaron a coordinación da achega de axudas ante este desastre que se estimou podería afectar a uns 4,9 millóns de persoas, nun país cunha poboación estimada en 9 millóns de habitantes
A primeira hora da mañá do mércores 13 de xaneiro, despois de coñecer o acaecido a última hora do martes en Haití, dende a FAHG establecemos contacto coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) para coñecer o alcance da catástrofe e comezar a coordinación do operativo de envío de axuda.
Ao longo da mañá, e unha vez tomada a decisión por parte da AECID de montar un operativo de resposta ante esta urxencia, dispuxemos unha primeira achega para a compra de material de primeira necesidade (paquetes hixiénicos, material de acubillo e sanitario). Este material saíu cara a Haití dende o centro loxístico que a AECID ten en Panamá.
AECID
Darlles resposta rápida ás primeiras necesidades da poboación afectada polo sismo
15000