20 anos a fondo coa Solidariedade
O ano 2017 é un ano clave na historia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, posto que cumpre 20 anos. O 2017 resulta tamén clave para o Fondo Galego posto que se atopa nunha fase de expansión e de fortalecemento, tanto a nivel interno coma externo, resultando clave o apoio institucional de diferentes actores a nivel autonómico e estatal. Preséntase para este ano un plan de actividades que xira en torno a esta conmemoración. E non só iso, senón que tamén inclúe actividades novidosas que dan un paso máis alá na implicación da administración local no eido da cooperación, procurando tamén a súa formación neste campo
Obxectivo xeral: Xeradas, con sinerxía e coordinación, unhas políticas públicas favorables á cooperación ao desenvolvemento en todos os niveis administrativos
Obxectivo específico: Promovida a participación e implicación das administracións locais galegas na área de cooperación ao desenvolvemento.
Resultado 1: A cooperación municipalista resulta fortalecida e recoñecida
Actividade 1.1 Formación en cooperación e políticas públicas locais
Actividade 1.2. Conmemoración do 20 aniversario do Fondo Galego
Resultado 2: Incrementada a implicación dos concellos e deputacións galegas na área de cooperación ao desenvolvemento.
Actividade 2.1. Vacacións con Traballo
Actividade 2.2. Vacacións con Traballo en Galicia
Resultado 3: As administracións locais galegas promoven actividades de sensibilización para a cidadanía.
Actividade 3.1. Elaboración dunha exposición sobre os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS)
Actividade 3.2 Espectáculo de clown sobre as fronteiras e as refuxiadas
Directa: Unhas 1.672 persoas, das cales 890 son mulleres e 782 homes
40.000,00€