Proxectos

2º FASE DE CONSOLIDACIÓN DO DESENVOLVEMENTO ORGANIZATIVO, PRODUTIVO E COMERCIAL DE 6 ORGANIZACIÓNS LABREGAS DO CANTÓN DE JUNÍN. PROVINCIA DE MANABÍ- ECUADOR

Mellorar a calidade de vida das familias socias das 6 organizacións labregas da parroquia de Junín.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
Zona de actuación: 
Junín (cantón)
Manabí (provincia)
Axentes: 
AMARANTE PARA O ECODESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

Fundación Maquita Cushunchic Comercializando Como Hermanos MCCH

Código CRS: 
31181 - Ensino / formación agraria
31120 - Desenvolvemento agrario
Obxectivos: 

Consolidar os procesos de desenvolvemento socio organizativo, produtivo e comercial, emprendidos na 1ª fase do proxecto; para mellorar a situación económica das familias socias das 6 organizacións labregas do cantón Junín

Resultados e actividades: 

-Obradoiros de formación de lideresas
-Obradoiros participativos para a construción de planos operativos
-Eventos de socialización dos regulamentos internos e/ou estatutos
-Obradoiros para o fortalecemento da comunicación e motivación dos grupos beneficiarios
-Implementación de hortas de hortalizas nas fincas das familias das organizacións
-Instalación de sistemas de rego para hortas
-Introdución da liña pecuaria nas fincas integrais
-Implementación de viveiro para a renovación de prantas de cacao
-Asistencia técnica e obradoiros de capacitación de e formación para socias e socios produtoras e produtores
-Construción de infraestrutura de apoio para o centro de acopio
-Obradoiros de capacitación administrativa, comercial e contábel para promotoras e promotores comerciais
-Impulso á xestión comercial do centro de acopio de Junín

Poboación beneficiaria: 

Directa: 141 pequenas produtoras e produtores de cacao (60 mulleres e 78 homes), asociados en 6 organizacións labregas de base, ubicadas na parroquia Junín, cantón Junín, na provincia de Manabí
Indirecta: 705 persoas (entre nenas, nenos, mozas e mozos, persoas adultas e poboación ancián) que forman parte dos fogares de cada pequena produtora ou produtor

Axudas: 

109773