ABRE A XANELA AO MUNDO
Beneficiarios
Tódolos niveis educativos de ensino non universitario, animadores socioculturais, responsables e voluntarios implicados na sensibilización.
Obxectivos
- Dende o uso das novas tecnoloxías , sensibilizar e educar para o desenvolvemento no seu sentido máis amplo e integral aos nenos e nenas, xoves, educadores e público en xeral.
- Mediante a implicación do profesorado, facilitándolle propostas didácticas e recursos variados e creativos, conseguir que os nenos e nenas coñezan a realidade dos países do denominado “Terceiro Mundo” e o problemas das diferencias económicas que nel existen.
Accións
1. Manter e dinamizar as propostas que existen na web www.ventanalmundo.com. Información sobre a problemática do mundo en xeral, foros, chat...
2. Incorporación de novidades na páxina web www.ventanalmundo.com : obxectivos do milenio, campañas e material didáctico de diversas ONGD's ...
19.000 euros