Proxectos

Acceso a auga potable para os/as refuxiados/as sudaneses do este de Chad

Conseguir que os/as refuxiados/as sudaneses/as no campo de Iridimi, xestionado por ACNUR no este do Chad, e a poboación local teña acceso regular aos servizos axeitados de auga cun suministro de calidade de conformidade cos estándares internacionais, evitándose deste modo a transmisión de enfermidades.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
CHAD
Zona de actuación: 
Este do Chad
Axentes: 
ESPAÑA CON ACNUR
Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellora das condicións de vida da poboación refuxiada sudanesa nos campos do este do Chad.
Obxectivo específico: Acceso a auga potable segura e de calidade para 22.809 refuxiados/as sudaneses/as no campo de Iridimi, segundo estándares internacionais.

Resultados e actividades: 

Resultado 1. Mellorada a calidade do auga potable, alcanzando estándares internacionais de cosumo de auga segura no campo de Iridimi.
Actividades
Actividade: 1.1 Tratamento da potabilidade do auga e realización de controis periódicos de calidade de auga.
Resultado 2. Sensibilizadas as comunidades beneficiarias sobre o uso racional do auga e reforzadas as capacidades do comité de xestión do auga no campo de Iridimi, sobre o mantemento dos sistemas de aducción do auga.
Actividades
Actividade: 2.1 Formación dos membros do comité de xestión do auga no campo de Iridimi.
Actividade: 2.2 Mobilización comunitaria sobre a xestión do auga, a súa dispoñibilidade e a súa potabilidade.

Axudas: 

20.000 € (2015)