Proxectos

Acceso a auga potable para os/as refuxiados/as sudaneses no leste do Chad

O obxecto deste convenio é conseguir que os/as refuxiados/as sudaneses nos campos xestionados por ACNUR no leste do Chad (campos de Djabal, Goz Amir e Abgadam) e a poboación local próxima a eles, teñan acceso regular a servizos adecuados de auga cun subministro de calidade, de conformidade cos estándares internacionais, evitándose deste modo a transmisión de enfermidades.

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
CHAD
Zona de actuación: 
Este do Chad
Axentes: 
ESPAÑA CON ACNUR
Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: mellora das condicións de vida da poboación refuxiada sudanesa nos campos do leste do Chad.
Obxectivo específico: acceso a auga potable segura e de calidade para 66.609 refuxiados/as sudaneses/as nos campos de Djabal, Goz Amir e Abgadam, segundo estándares internacionais.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Mellorada a calidade da auga potable, alcanzando estándares internacionais de consumo de auga segura nos 3 campos de intervención.
Actividade 1.1: Realización de actividades de cloración e tratamento da auga e análise de calidade da mesma.
Resultado 2: Membros dos comités de xestión da auga formados nos 3 campos de intervención sobre o mantemento dos sistemas de adución da auga potable e de saneamento e hixiene.
Actividade 2.1: Capacitación dos comités de xestión de auga e saneamento sobre o mantemento dos sistemas implantados.

Axudas: 

20000