Acceso a servizos de atención psicosocial para previr e ofrecer unha resposta oportuna ás persoas supervivintes de Violencia Baseada en Xénero (VBX) e de saúde mental en Colombia
O presente proxecto enmárcase dentro do programa global de actuación que ACNUR está a desenvolver en Colombia para garantir a protección internacional da poboación refuxiada e solicitante de asilo venezolana e colombiana retornada ademais das comunidades de acollida colombianas. Con obxecto de conseguir que esta poboación, con especial énfase en persoas sobreviventes da Violencia Baseada en Xénero (VBX), conten con acceso a servizos de saúde mental de calidade, este proxecto centrarase en garantir o accezo a servizos de atención psicosocial para previr e acompañar oportunamnente ás persoas sobreviventes da VBX refuxiadas e solicitantes de asilo venezolanas, retornadas colombianas e das comunidades de acollida, no municipio de Riohacha e Maicao do Departamento de La Guajira no norte do país fronteira con Venezuela.
Alto Comisionado das Naciones Unidas para os Refuxiados (ACNUR)
Obxectivo xeral: Mellorar a protección internacional e as condicións de vida da poboación refuxiada e solicitante de asilo venezolana, retornada colombiana e comunidades de acollida en Colombia
Obxectivo específico: Incrementar o acceso a servizos de saúde mental por parte da poboación refuxiada e solicitante de asilo venezolana, colombiana retornada e as comunidades de acollida, mellorando así a súa calidade de vida
Resultado 1. Garantido o acceso a servizos de atención psicosocial para previr e ofrecer unha resposta oportuna ás persoas sobreviventes de Violencia Baseada en Xénero (VBX) no Departamento de La Guajira.
Actividade 1.1. Asistencias a persoas sobreviventes de Violencia Baseada en Xénero (VBX) na Casa Segura “Anita” de Riohacha, La Guajira.
Beneficiarase a 140 persoas (mulleres sobreviventes de VX e os seus fillos e fillas) das cales o 92% son persoas refuxiadas e solicitantes de asilo e 8% colombianas retornadas e da comunidade de acollida. Adicionalmente, seguirá en funcionamento o consultorio externo que se instalou en 2021 xunto ao Espazo Seguro en Maicao, La Guajira, onde se atenderán 90 mulleres sobreviventes de VX (70% refuxiadas e solicitantes de asilo, 30% retornadas e da comunidade de acollida).
TOTAL: 230 persoas refuxiadas e solicitantes de asilo ademais de retornadas e de comunidades receptoras es especial situación de vulnerabilidade ao tratarse de persoas sobreviventes de Violencia Baseada en Xénero (VBX).
Axuda Xunta de Galicia: 50.000 €