Proxectos

Acceso a servizos integrais de saúde para poboación palestina vulnerable de zona C, como consecuencia do conflito

Este proxecto busca abordar a situación de vulnerabilidade das persoas residentes na Gobernación de Tubas, Cisxordania, Palestina, especificamente na comunidade de Tayasir, debido ás históricas hostilidades entre poboación palestina e israelí, que se agravaron desde outubro do 2023. Tras a identificación de necesidades elaborada de forma participativa coa poboación local, búscase favorecer a construción da paz a través do incremento da resiliencia de persoas afectadas pola violencia e proponse mellorar o acceso a servizos integrais de saúde para poboación palestina vulnerable de zona "C". Incidindo na necesidade de apoio psicosicial que teñen as familias afectadas e a falta de apoio que teñen as mulleres e a poboación vulnerable para o recoñecemento dos seus dereitos.

A intervención desenvólvese en tres vías: a asistencia presencial a través de terapias individuais, familiares e grupais; a asistencia comunitaria a través dunha clínica móbil (ambas as vías para executar en Cisxordania); e asistencia en liña en Gaza.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Cisxordania
Axentes: 
ONG RESCATE INTERNACIONAL
Contraparte: 

Treatment and Rehabilitation Center for Victims of Torture (TRC)

Obxectivos: 

Xeral: Favorecer a construción da paz a través do incremento da resiliencia de persoas afectadas pola violencia en Cisxordania, Palestina.

Específico: Mellorar o acceso a servizos integrais de saúde para poboación palestina vulnerable de zona "C" como consecuencia do conflito.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorada a saúde mental de poboación cisxordana afectada polas violencias do conflito palestino israelí a través de SMAPS – Saúde Mental e Apoio Psicosocial en Emerxencias.

A.1.1.1 Proporcionar sesións de apoio psicosocial en emerxencia.

A.1.1.2 Sesións de psicoterapia integral profunda (individual, grupal e familiar).

A.1.1.3 Sesións de arteterapia para nenas e nenos.

RE 1.2 Promovidos os servizos de saúde a domicilio a través da posta en marcha dunha clínica móbil.

A.1.2.1 Selección das comunidades meta para servizos de atención a través da clínica móbil.

A.1.2.2 Atención integral comunitaria a través de clínica móbil.

A.1.2.3 Entrega de kits de saúde e hixiene á poboación beneficiaria.

RE 1.3 Estendida a atención sanitaria e psicosocial ás persoas vulnerables en Gaza a través do servizo de Liña Directa de TRC.

A.1.3.1 Deseño e instalación da actualización do software de Atención Directa En liña.

A.1.3.2 O equipo de psicólogos experimentados de TRC recibirá chamadas directas de diferentes áreas de Palestina, dando prioridade a gaza a través do seu número de teléfono gratuíto.

A.1.3.3 Derivación de casos a outras institucións.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 2.050 (800 mulleres; 650 homes; 280 nenos; 320 nenas)

Indirecta: 70.225 (20.635 mulleres; 18.840 homes; 15.250 nenos; 15.500 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 75.000 €