Proxectos

Acceso sustentable a auga potable e soberanía alimentaria para familias indíxenas Ch´orti´ priorizadas da Rexión VIII do municipio de Jocotán (Corredor Seco guatemalteco)

O proxecto enmárcase en dar solución a 3 dereitos fundamentais conculcados á poboación indíxena de Ch´orti´ da Rexión VIII do municipio de Jocotán, os cales son o dereito á auga potable mediante a construción de sistemas de captación e almacenamento de auga de choiva, o dereito á alimentación, promovendo o uso de técnicas agrícolas ecolóxicas na construción de hortos dirixidos a mulleres indíxenas, e o dereito á saúde, apoiando en Centro de Atención Permanente da comunidade e promovendo a vacinación e a adopción de medidas de seguridade contra a propagación do Covid-19.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Jocotán (municipio)
Axentes: 
SOLIDARIEDADE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ (SODEPAZ)
Contraparte: 

Asociación para el Mejoramiento Habitacional de Guatemala MEJORHA

Código CRS: 
12240 - Nutrición básica
14031 - Abastecemento de auga
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á soberanía alimentaria e ao proceso de desenvolvemento integral de trece comunidades Ch'orti' da Rexión VIII do Municipio de Jocotán, Departamento de Chiquimula, Guatemala.

Específico: Acceso sustentable a auga potable e soberanía alimentaria para familias indíxenas Ch´orti´ priorizadas da Rexión VIII do municipio de Jocotán (Corredor Seco guatemalteco).

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorado o acceso sustentable e equitativo a auga potable de 53 familias priorizadas das comunidades Guayabillas Centro, Guayabillas Barrio Nuevo e Talquezalito.

            A.1.1.1 Elaboración con participación comunitaria de blocks de terracreto para a construción de sistemas domiciliares de captación e almacenamento de auga de choiva.

            A1.1.2 Construción con participación comunitaria de 40 sistemas domiciliares de captación e almacenamento de auga de choiva (2.500 litros).

            A1.1.3 Capacitación sobre mantemento de sistemas domiciliares de captación e almacenamento de auga de choiva e firma de actas de entrega e compromiso de adecuado uso e mantemento.

            A1.1.4 Adquisición, traslado e instalación de filtros purificadores de auga Ecofiltros e capacitación para o seu adecuado uso e mantemento.

            A1.1.5 Monitoreo periódico da calidade da auga consumida polas familias participantes.

RE 1.2. Mellorado o acceso a unha dieta alimenticia suficiente e diversificada (hortalizas e vexetais de alto valor nutritivo) de 53 familias priorizadas das comunidades Guayabillas Centro, Guayabillas Barrio Nuevo e Talquezalito.

            A.1.2.1 Capacitación a mulleres produtoras agrícolas das comunidades Guayabillas Centro, Guayabillas Barrio Nuevo e Talquezalito sobre novos coñecementos agroecolóxicos para a produción de alimentos nutritivos para autoconsumo.

            A.1.2.2 Instalación de 40 hortos familiares ecolóxicos para a produción de hortalizas e vexetais diversificados.

            A.1.2.3 Produción con técnicas agroecolóxicas e rega de hortalizas e vexetais diversificados de alto valor nutritivo para autoconsumo.

            A.1.2.4 Asesoría técnica e acompañamento do persoal do proxecto e Promotores/as Agrícolas Comunitarios/as a mulleres produtoras para o manexo adecuado dos seus hortos familiares ecolóxicos.

RE 1.3 Fortalecida a capacidade do sistema de saúde a nivel municipal para enfrontar a transmisión do virus do COVID-19.

            A.1.3.1 Produción, gravación e emisión en emisoras locais de mensaxes radiais pertinentes fomentando a vacinación e as medidas de prevención contra o COVID-19.

            A.1.3.2 Dotación ao Centro de Atención Permanente en Saúde CAP de Jocotán de insumos sanitarios (máscaras, luvas, xel desinfectante, etc.) para evitar contaxios tanto entre o persoal médico e sanitario como entre a poboación comunitaria.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Os/as destinatarios/as directos/as do proxecto son 53 familias indíxenas Ch´orti´ das comunidades Guayabillas Centro (13 familias), Guayabillas Barrio Nuevo (22 familias) e Talquezalito (18 familias) da Rexión VIII do municipio de Jocotán, Departamento de Chiquimula. En concreto, 60 homes, 56 mulleres, 35 nenos e 39 nenas, cun total de 190 titulares de dereito beneficiarios.

Indirecta: A poboación do municipio de Jocotán (73.975 habitantes), xa que a través do apoio brindado ao Centro de Atención Permanente en Saúde CAP de Jocotán mellorarase a súa capacidade para promover a prevención (principalmente a través das mensaxes radiais, que teñen cobertura en todo o territorio municipal) e atención da pandemia do Covid-19 das e os habitantes do conxunto do municipio.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 59.985,56 €