Acción de fortalecemento económico e organizativo para unha efectividade sostible
O proxecto enmárcase na mellora da xestión da organización e a dinamización de fontes de financiamento con vistas a unha efectividade sostible no tempo, xa que boa parte das accións que se establecen supoñen a introdución de cambios estruturais no modo de facer as cousas na organización na procura dunha maior calidade e axilidade. Neste senso, este proxecto representa un avance importante na senda de fortalecemento iniciada por IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO nestes últimos anos.
En concreto, a realización deste proxecto permitirá consolidar a estrutura e operativa de IMPLICADAS en termos de eficiencia e calidade dunha maneira que poida ser estable, e mesmo crecer grazas a novos procesos de comunicación e colaboración, preparándose para eventos externos non desexables que poidan derivarse da situación de crise. Deste xeito, a organización conseguirá estar en mellores condicións para apuntalar e aumentar a actividade que vén realizando a favor do desenvolvemento nos países do Sur, así como da promoción da conciencia/participación solidaria na sociedade galega.
Obxectivo xeral: Contribuír a afianzar un tecido social de cooperación, crítico e de xénero, que fomente a participación activa da sociedade galega nos procesos de desenvolvemento das comunidades do Sur.
Obxectivo específico: Consolidar o fortalecemento social, económico e organizativo asumido por Implicadas/os para o desenvolvemento en pro dunha efectividade sustentable.
Resultado 1
1.1.1: Redeseño organizativo e motivación á participación
1.1.2: Desenvolvemento dunha sistemática de xestión.
Resultado 2
1.2.1: Concurso de artigos xornalísticos “Cambia o teu papel”
1.2.2: Inserir información producida pola organización na prensa non escrita unha vez por trimestre.
Resultado 3
1.3.1: Nova campaña de captación de socios e recursos.
1.3.2: Campaña de captación de socias.
1.3.3: Xestión profesional da contabilidade e tramitación da utilidade pública.
29.745,00 € (2011: 11.898,00 € - 2012: 17.847,00 €)