Achegar ferramentas innovadoras na formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector do téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa. Fase Final.
Este proxecto de Amarante Setem para o ecodesenvolvemento pecha un ciclo de traballo levado a cabo ó longo de 3 anos pola organización para afondar no concepto da feminización da pobreza no sector global da confección e a necesidade dun consumo responsable de roupa como elemento de transformación social dende unha perspectiva e un contexto que é a cidadanía galega. Con este proxecto, remátase o asentamento dunhas liñas de traballo que foron financiadas a través do programa “Vestir ConCienCias” pola Xunta de Galicia e que teñen que ver coa denuncia das violacións de dereitos humanos e laborais e condicións de vida das mulleres no sector do téxtil, sensibilización e propostas de inmediacións e mellora destas situacións, e alternativas de consumo máis respectuosas coas persoas e co medio ambiente.
Obxectivo xeral: Contribuír a redución da feminización da pobreza no sector da confección e ó respecto ós dereitos humanos e laborais para garantir un desenvolvemento sustentable.
Obxectivo específico: A cidadanía galega toma conciencia da problemática global da feminización do sector do téxtil e o impacto da deslocalización a través do coñecemento da realidade das traballadoras galegas e marroquís con formatos innovadores e apoian a campaña global polos salarios dignos e a necesidade dun consumo responsable de roupa.
Resultado 1.1. 7 vilas galegas e 1 en Portugal con produción téxtil debaten sobre a situación das mulleres traballadoras da confección global a través do documental e coñecen a Campaña Roupa Limpa e as demandas como a de “Salarios dignos” como ferramenta para mellorar ás condicións de vida das traballadoras.
Actividades
A1.1.1: Cine-debate coa proxección do documental sobre as mulleres do téxtil e o impacto da deslocalizacón e alternativas de consumo en 7 vilas onde existiu produción téxtil e 1 vila en Portugal.
Resultado 1.2. O profesorado de 3 e 4 da ESO e de Bacharelato terá acceso ó documental e materiais de apoio para traballar nas súas sinaturas a temática da feminización da pobreza no sector global da confección, a deslocalización e o consumo responsable de roupa nas súas aulas a través de ferramentas web de consulta.
Actividades
A1.2.1: Creación dun espazo web para profesorado de 3º e 4º da ESO e Bacharelato sobre o documental sobre as traballadoras do téxtil con materiais didácticos e de apoio para o profesorado que queira traballar esta temática entorno o téxtil, a feminización da pobreza no sector da confección e o consumo responsable de roupa.
Resultado 1.3. As institucións públicas e as persoas representantes no Parlamento Europeo de Galicia e/ou do estado aumentan seu coñecemento sobre as condicións laborais e a necesidade de garantir salarios dignos no sector da confección e apoian ás demandas de roupa limpa participando no encontro organizado entre o 12-14 de outubro no Parlamento europeo en Bruxellas pola Clean Clothes Campaing.
Actividades
A1.3.1: Europarlamentarias galegas participan no encontro europeo os días 12-14 de outubro en Bruxelas organizada por Clean Clothes Campaing nas mesas de debate sobre as condicións de vida e laborais na cadea globalizada do téxtil para garantir dereitos humanos , ambientais e sociais para as traballadoras e dar apoio
A1.3.2: campaña Roupa Limpa-Galicia participa na elaboración e asiste ó encontro europeo en Bruxelas os días 12-14 de outubro sobre as condicións de vida e laborais na cadea globalizada do téxtil para garantir dereitos humanos, ambientais e sociais para as traballadoras e dar apoio as demandas en salarios dignos.
Resultado 1.4. Polo menos 5.000 persoas coñecen, visitan e amplían seus coñecementos sobre o consumo responsable e alternativas de consumo en Galicia, e especial a mocidade galega, a través da Plataforma MOV3. Galicia Viste Consciente.
Actividades
A1.4.1: 10 iniciativas novas se incorporan á plataforma MOVE. Galicia Viste Consciente.
A1.4.2: Incorporar un mapa web con todas as iniciativas clasificadas por temáticas e mantemento da web e Facebook de MOV3.
A1.4.3: Realización de 4 formacións e 4 reunións para a incorporación de novas iniciativas e fortalecemento das liñas de traballo en MOV3.
A1.4.4: Elaboración de 4 póster-exposición e vídeos animados para a sensibilización do uso responsable da roupa e a vida útil das mesmas.
Resultado 1.5. A comisión de educación e Xanela aumentan ás súas alianzas coas organizacións de Marrocos para a elaboración de novos programas formativos no ámbito da feminización da pobreza no sector da confección global.
Actividades
A1.5.1: A comisión do Xanela viaxa á Tánxer a fortalecer ás redes de colaboración con Attawassoul e outras organizacións sociais.
Directa
Para Resultado 1
Poboación das 8 vilas que aparecen no proxecto: Prioritariamente poboación específica e con alta capacidade de réplica:
- Grupos informais de mulleres como clubs de calceta, croché, asociacións de amas de casa, de veciños, ou mulleres propietarias ou traballadoras de pequenas tendas ou talleres téxtiles, asociacións feministas.
- Mulleres galegas das mesmas franxas de idade das que aparecen do documental e mulleres novas que traballaron ou traballan no sector do téxtil.
- Persoas que se están formando en materias relacionadas coa moda e o sector téxtil.
- Clubs de cine e outras asociacións interesadas nesta temática.
Para resultado 2
- Profesorado de 3 e 4º da ESO e Bacharelato e seu alumnado.
Para Resultado 3
- Todos os partidos políticos con representación Parlamentaria na UE que escoiten as demandas e a situación das traballadoras da confección global e que poidan ter en consideración a súa problemática e tomar medidas ó respecto.
Para resultado 4
- Alumnas e alumnos das escolas de deseño e moda co obxectivo de que teñan en conta a información recibida na súa labor profesional no futuro.
- Alumnado da facultade de educación.
- Iniciativas, marcas, tendas de segunda man interesadas en participar en MOV3.
- Profesorado de 3 e 4º da ESO e Bacharelato e seu alumnado.
Para resultado 5
- Público que participa nas formacións do Xanela.
- As asociacións de Tánxer.
Indirecta
- Público en xeral interesado en formarse nas causas estruturais da feminización da pobreza a través da formación no Xanela Aberta ao Sur.
- Organizacións galegas que colaboran con Amarante e participan da formación no Xanela como outro xeito de creación de redes e de capacidade de réplica.
27.486,00 €; 10.994,40 € (2015) e 16.491,60 € (2016)