Proxectos

ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN AXENCIA HUMANITARIA DE GALICIA E FARMACÉUTICOS MUNDI PARA ACUTACIÓNS DE ACCIÓN HUMANITARIA E DE EMERXENCIA

Accións de asistencia e atención inmediata de urxencia tras declararse un desastre ou crise humanitaria ou ante a agudización dunha crise crónica (fames, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou poscatástrofes) para evitar unha gran mortaldade entre os damnificados.
Nestas actuacións Farmamundi traballará a partir de dúas estratexias distintas. Por un lado, procederase ao envío de equipos estándares (paquetes de acción inmediata e paquetes IEHK'06) dende a súa área loxística con sede en Valencia, que se realizará en coordinación coa Oficina de Acción Humanitaria da Axencia Española de Cooperación ao Desenvolvemento (AECID), co fin de garantir que os envíos se axusten ás necesidades do país receptor e estean no marco do dispositivo de coordinación de urxencias deste. Estes paquetes foron deseñados seguindo o modelo da OMS para presentar unha axuda rápida e eficaz en situacións de urxencia e permiten atender as necesidades da poboación durante 3 meses ou máis, adáptanse estritamente ás necesidades e patróns epidemiolóxicos do país de destino e da urxencia concreta que se deba atender.
A FAHG dispoñerá dun fondo permanente de material de primeira necesidade, dotado para o envío segundo o tipo de necesidades e a demanda que se produza en cada caso, (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria e/ou outro material de primeira necesidade); e dunhas existencias de medicamentos e material sanitario estandarizado para a atención sanitaria en cada tipo de urxencia nos formatos máis habituais que prevé a Organización Mundial da Saúde como son un paquete de acción inmediata (equipamento lixeiro para brigada médica, axeitado para 2.000 persoas durante un mes), paquete IEHK 2006 (versión actualizada da caixa de primeiros auxilios completa OMS para 10.000 persoas durante tres meses), e a posibilidade de prover os recursos necesarios para dispoñer dunhas existencias axeitadas e suficiente de resposta en urxencia directamente naqueles países onde Farmamundi estea presente.
 

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenios Axuda Emerxencia
Rexión: 
Sen identificar
País: 
Sen especificar
Axentes: 
VARIOS
Contraparte: 

Varios

Código CRS: 
122 - Saúde básica
Obxectivos: 

Establecer un marco de colaboración entre a FAHG e Farmamundi para a execución de actuacións e proxectos en materia de axuda humanitaria e de urxencia en países con poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humana co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calquera outras accións que en beneficio destas poboacións se poidan impulsar.

Axudas: 

30000