Proxectos

Acordo de prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria

Prórroga do convenio entre a cooperación descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, subscrito o 3 de outubro de 2018 e publicado no BOE o 9 de novembro de 2018, cuxa vixencia foi prorrogada no 2019, 2020 e 2021.

A través deste convenio de colaboración financiáronse as seguintes intervencións:

  • Contribución ao Programa Mundial de Alimentos (PMA) co obxectivo de cubrir as necesidades básicas de alimentación e nutrición da poboación (130.000 refuxiadas e refuxiados) dos campamentos de Tinduf (Alxeria), por un importe de 500.000 €.
  • Contribución ao chamamento do Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) para Afganistán 2022, co obxectivo de promover a protección das persoas afectadas pola violencia e o respecto do seu dereito de acceso a bens e servizos esenciais, apoiar a atención médica, mellorar os servizos de auga e saneamento e axudar á Sociedade da Media Lúa Vermella Afgá a fortalecer as súas capacidades, por un importe de 500.000 €.
  • Contribución ao “Programa de educación en emerxencia, centrado na rehabilitación de escolas de educación básica en Siria” de UNICEF, promovendo o acceso á educación básica, incluíndo unidades sanitarias e de hixiene con enfoque de xénero, espazos de recreo e melloras para o acceso de nenos e nenas en situación de discapacidade, por un importe de 500.000 €.
  • Contribución ao chamamento da Federación Internacional da Cruz Vermella (FICR) en Ucraína centrado en apoiar ás Sociedades Nacionais da Cruz Vermella na prestación de asistencia a dous millóns de persoas actualmente en situación de vulnerabilidade pola escalada do conflito.
  • Os 200.000 € restantes destinaranse á resposta urxente a situacións de crise ou a complementar a medio prazo as respostas xa activadas.
Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Axentes: 
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE A RIOXA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ASTURIAS
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE CANARIAS
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE CANTABRIA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE CASTELA E LEÓN
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ESTREMADURA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE ILLES BALEARS
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE MADRID
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE MURCIA
COMUNIDADE VALENCIANA
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP)
Código CRS: 
99810 - Sectores non especificados
Obxectivos: 

Regular a coordinación das partes asinantes en materia de acción humanitaria e o establecemento das finalidades específicas de dita coordinación, como tamén os compromisos financeiros asumidos polas mesmas, para a consecución dos obxectivos do Convenio Marco de cooperación para a articulación, coordinación e complementariedade da cooperación descentralizada coa SECIPIC

Resultados e actividades: 

As intervencións cofinanciadas no marco deste convenio deben focalizarse na promoción do empoderamento e o liderado das mulleres e os dereitos das mulleres, o reforzo dun enfoque inclusivo para a concepción, execución, supervisión e a financiación da asistencia, o desenvolvemento das capacidades locais e nacionais para responder ás crises, e a financiación directa a actores locais e nacionais e o desenvolvemento das súas capacidades na xestión dos desastres e os riscos.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

50.000 €