ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO
Sensibilizar ao estudantado e á sociedade en xeral sobre a realidade dos países do sur e a importancia da cooperación para o desenvolvemento
-
- Realización dun seminario de xénero e cooperación, facendo fincapé no papel básico da muller nos proxectos de cooperación. Este seminario estará aberto ao estudantado e ao público en xeral
- Ciclo de conferencias sobre a introdución á cooperación para o desenvolvemento, organizado en colaboración coa ONGD Enxeñería sen Fronteiras, percorrendo diversos aspectos da cooperación a través de relatos de persoas con experiencia nos países do sur e vídeo-forums. As sesións son abertas a todo o público interesado
- Realización de catro proxectos de coñecemento da realidade (PCR), na que o alumnado ten a posibilidade de desprazarse a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estancia de cooperación desenvolvendo un traballo que posteriormente se lles terá en conta como proxecto de fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira
- Fondo 0,7% na Universidade da Coruña. Proposta a través da que se financiará unha convocatoria de proxectos de investigación en cooperación ao desenvolvemento.
40000