Proxectos

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E VOLUNTARIADO EN MATERIA DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

OBXECTIVOS: Difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países subdesenvolvidos e da cooperación para o  desenvolvemento.
- Fomentar a investigación sobre as causas do desenvolvemento a fin de fortalecer e abrir novas vías de cooperación

ACTIVIDADES: Curso de “Voluntariado e Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento”, a celebrar na Facultade de Socioloxía do Campus de Elviña da Coruña
- Realización dun Proxecto de Coñecemento da Realidade (PCR), unha iniciativa na que o alumnado da Universidade ten a posibilidade de desprazarse a un país en vías de desenvolvemento a realizar unha estancia de cooperación
- Creación do Fondo 0'7% na Universidade da Coruña, a través do que se financiará unha convocatoria de proxectos de investigación en cooperación ao desenovlemento
-  Campaña de información sobre as accións do Programa de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas (NVA). Á iniciativa da Secretaría Xeral da ONU e coordinado polo programa de Voluntarios de Nacións Unidas proporanse distintas accións de colaboración en terceiros países que contribúan á diminución  das desigualdades existentes entre os países

Ver nova
 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Axudas: 

13.000 EUROS