Proxectos

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN - SENSIBILIZACIÓN GALICIA

Beneficiarios

 Alumnos de 8 a 17 anos de colexios de Galicia.  Poboación galega en xeral

Obxectivos

- Fomentar a sensibilidade e solidariedade da poboación de Galicia en xeral, así como os colectivos dos nenos e xóvenes, en particular, sobre os problemas que existen nos países en desenvolvemento, tentando de implicar a estas persoas na mellora dos cidadáns máis desfavorecidos, tentando de buscar solucións ao problema da fame no mundo.

 

- Sensibilizar os nenos sobre a situación que viven noutros países outros nenos como eles, as mulleres, os refuxiados e ou desprazados, as comunidades indíxenas, Concienciar aos nenos por medio de dúas mensaxes fundamentais: ” o acceso á auga é un dereito fundamental para os seres humanos” e ”o drama da fame ten solución, e ésta está nas nosas mans”.

- Promover o voluntariado na nosa comunidade, formando e solicitando da colaboración de mozos e mozas para o desenvolvemento das actividades de sensibilización nos colexios e na rúa.

- Elaborar e aplicar ferramentas de sensibilización e difusión, utilizando instrumentos de traballo elaboradas coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística, empregando o idioma propio da comunidade de Galicia.

 

Accións

1.Sensibilización nas escolas e nas rúas.Certame de contos ilustrados, aplicación de material didáctico, charlas informativas, stands informativos, actividades nas rúas

2. Exposicións. ”Exposición fotográfica sobre a fame en Níger” e ”Exposición de litografías sobre os proxectos de Acción Contra el Hambre no Sahel”.  

 3.Formación de voluntarios e captación de cooperantes

 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ACCIÓN CONTRA A FAME (FUNDACIÓN)
Axudas: 

9.321 EUROS