Proxectos

ACTIVIDADES ENCAMIÑADAS Á CELEBRACIÓN DO I CONGRESO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DOS PAÍSES LUSÓFONOS E GALICIA

Debater a contribución da educación na construción de valores, bases culturais e bases políticas que sirvan á promoción de sociedades sustentables

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA (CEIDA)
Obxectivos: 
  1. Promover o intercambio cultural e de experiencias entre as persoas participantes e a construción dunha identidade lusófono-galega, e nas súas correspondencias iberoamericanas
  2. Proporcionar ás educadoras e educadores ambientais un afondamento do diálogo con personalidades e intelectuais, co fin de fortalecer o pensamento crítico en busca de alternativas d sustentabilidade socioambiental
  3. Debater e fomentar, no campo da Educación Ambiental, a formulación de propostas de cooperación nos temas de Cambio Climático, Biodiversidade e Sustentabilidade Socioambiental

Fortalecer e estabilizar redes para a acción e a cooperacuín no eido da Educación Ambiental no espazo lusofono-galego

Resultados e actividades: 
  1. Palestras  sobre educación ambiental e: biodiversidade,cambio climático, cooperación, ecofeminismo, turismo, universidade, axendas 21, sistema educativo, educación ambiental non formal, redes e asociación de educación ambiental
Poboación beneficiaria: 

400 Participantes dos distintos actores sociais implicados na Educación Ambiental; autoridades ambientais e educativas; educadoras e educadoras ambientais; persoeiras e persoeiros do mundo da cultura e as artes; persoal científico; líderes sociais e membros de movementos asociativos de Angola, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, San Tomé e Príncipe, Timor Leste, Brasil, Portugal e Galicia

Axudas: 

18000