Proxectos

Activistas polo mundo que queremos 2021-2022

Novena edición (nesta baixo o título Activistas polo mundo que queremos 2021-2022) dunha iniciativa que forma parte do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Activistas polo Mundo que Queremos é unha iniciativa dirixida a 400 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado, seleccionados entre aqueles que soliciten a proposta no marco do programa Plan Proxecta. Co profesorado e alumnado destinatario afóndase nas desigualdades sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Tendo de marco teórico á Axenda 20230, os activismos LGTBI e feminista, o medioambientalista e o antirracista serán as temáticas condutoras da proposta e a comunicación comunitaria e a radio, as ferramentas metodolóxicas e elementos vertebradores das accións.

 

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Específico: Contribuír ao fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. DESEÑADO, XESTIONADO E EXECUTADO O PLAN DE COORDINACIÓN E COMUNICACIÓN ENTRE AS ONGD CONSORCIADAS, A SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR E A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO PLAN PROXECTA 2021- 2022.

                A.1.1.1. Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta.

                A.1.1.2. Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.

RE 1.2. FACILITADOS OS COÑECEMENTOS E AS FERRAMENTAS PRECISAS AO PROFESORADO IMPLICADO DE 6 CENTROS EDUCATIVOS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO NAS AULAS INCORPORACIÓN DO DISCURSO DA EPDCG AO LONGO DO CURSO 2021- 2022.

                A.1.2.1. Coordinación e acompañamento aos centros educativos.

                A.1.2.2. Encontro inicial do profesorado e organizacións.

                A.1.2.3. Elaboración de materiais de acompañamento ao profesorado.

RE 1.3. FACILITADOS DISCURSOS E FERRAMENTAS AO ALUMNADO DE 6 CENTROS EDUCATIVOS PARTICIPANTES PARA FAVORECER VÍAS DE DENUNCIA SOBRE AS SÚAS REALIDADES A TRAVÉS DE SESIÓNS PRESENCIAIS E VIRTUAIS.

                A.1.3.1. Revisión da aula virtual para o curso 2021/2022.

                A.1.3.2. Xestión e acompañamento técnico permanente.

                A.1.3.3. Parada 1: Que significa ser activista? PRESENCIAL.

                A.1.3.4. Parada 2: Comunicación transformadora. PRESENCIAL.

                A.1.3.5. Parada 3: Elixe e afonda no teu activismo: LGTBI/FEMINISMO; MEDIO AMBIENTE; ANTIRRACISTA. VIRTUAL.

                A.1.3.6. Parada 4: Como preparar o guión do teu programa de radio? VIRTUAL.

                A.1.3.7. Parada 5: Obradoiro de radio. PRESENCIAL.

                A.1.3.8. Parada 6: Coñecendo ás persoas activistas da Visita do sur. VIRTUAL.

                A.1.3.9. Parada 7: Visita do Sur. PRESENCIAL.

RE 1.4. AMPLIADA A CAPACIDADE DE SENSIBILIZACIÓN DO PROXECTO A TRAVÉS DUNHA ESTRATEXIA DE COMUNICACIÓN INTEGRAL.

                A.1.4.1. Elaboración do plan de comunicación propio do proxecto.

                A.1.4.2. Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais.

                A.1.4.3. Campaña de promoción para dar a coñecer o proxecto nos centros educativos.

RE 1.5. XESTIONADOS OS COÑECEMENTOS SOBRE A EXPERIENCIA DA INTERVENCIÓN DE CARA Á APRENDIZAXE COLECTIVA.

                A.1.5.1. : Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto.

                A.1.5.2. Formación interna do grupo.

Poboación beneficiaria: 

Directa: O proxecto destinarase a un total de 400 alumnos por centro. Segundo as estatísticas, o 49% do alumnado son mozas, polo que participarían 196 mulleres e 204 homes. Así mesmo, contémplase o traballo directo co profesorado dos centros, e segundo establecen as bases do Plan Proxecta inclúe un mínimo de 2 profesores/as por centro e, tendo en conta as estatísticas oficiais, en Galicia o profesorado é un sector feminizado (67,8% do profesorado son mulleres), polo que se calcula que participarán 7 mulleres e 5 homes.

Indirecta: Considéranse dous grupos de destinatarios indirectos; un vinculado ao efecto multiplicador dos/as alumnos/as entre membros da súa familia para o cal se toma como referencia un mínimo de dúas persoas (un home e unha muller), que terán acceso á información xerada no proxecto a través da testemuña dos destinatarios directos. Calcúlase pois, un total de 800 persoas, que se dividen a partes iguais entre os dous sexos. Un segundo grupo de destinatarios indirectos virá da man do profesorado implicado no proxecto. Se a media dun claustro de profesorado soe ser de 30 profesores/as, e participan 6 centros, agárdase chegar a un total de 180 persoas (32 % homes 58 e 68 % mulleres, 122). Considerando que en cada centro de ensino, farase difusión dos programas de radio creados, calcúlase unha media de dúas aulas (de 25 alumnos/as por aula) por curso académico, e centrándonos nos cursos da ESO serían aproximadamente 900 alumnos/as ( 441 mulleres e 459 homes).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 70.000 € (2021: 30.000 €; 2022: 40.000 €)