Activistas polo mundo que queremos 2022-2023
O presente proxecto constitúese como a décima edición dunha iniciativa pertencente ao Plan Proxecta + da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. É un proxecto colectivo e participado por distintas entidades con experiencia no eido da ECG, e dirixido a 400 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado, seleccionados entre aqueles que solicitaran a proposta no marco do programa Plan Proxecta +. O seu obxectivo é afondar nas desigualdades sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Partindo da base de que a comunicación ten o potencial de sensibilizar e transformar, intentarase explorar o potencial educativo da mesma promovendo a reflexión do alumnado sobre a conexión existente entre as realidades locais e as desigualdades globais, concienciando e implicando ás novas xeracións na responsabilidade colectiva arredor da construción dun mundo máis xusto e equitativo.
As temáticas condutoras da proposta serán a Axenda 2030 e os activismos LGTBI e feminista, o medioambientalista e o antirracista, e as súas ferramentas metodolóxicas serán a comunicación comunitaria, a radio e os encontros presenciais con membros dos colectivos dos países cos que se coopera. A proposta pedagóxica completarase co acompañamento continuo ao profesorado implicado, a súa capacitación en relación ao enfoque de ECG e o uso da aula virtual como medio dinámico de traballo cos estudantes. Por último, celebrarase o 10º aniversario do Proxecto cun concurso de podcasts entre os centros participantes e cun encontro presencial con profesorado e alumnado participante nas distintas edicións.
Xeral: Fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social
Específico: contribuír ao fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social
RE 1.1. Deseñado, xestionado e executado o Plan de Coordinación e comunicación entre as ONGD consorciadas, a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior e a Consellería de Educación, Universidade e formación profesional do Plan Proxecta 2022- 2023.
A.1.1.1. Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta
A.1.1.2 Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.
RE 1.2 Facilitados os coñecementos e as ferramentas precisas ao profesorado implicado de 6 centros educativos para o desenvolvemento do proxecto nas aulas e a incorporación do discurso da EPCDG ao longo do curso 2022-2023.
A.1.2.1 Coordinación e acompañamento aos centros educativos
A.1.2.2 Encontro inicial do profesorado e organizacións
A.1.2.3 Elaboración de materiais de acompañamento ao profesorado.
RE 1.3 Facilitados discursos e ferramentas ao alumnado de 6 centros educativos participantes para favorecer vías de denuncia sobre as súas realidades a través de sesións presenciais e virtuais
A.1.3.1 Revisión da aula virtual para o curso 2022/2023
A.1.3.2 Xestión e acompañamento técnico permanente.
A.1.3.3 Parada 1: Que significa ser activista? PRESENCIAL
A.1.3.4 Parada 2: Comunicación transformadora. PRESENCIAL
A.1.3.5 Parada 3: Elixe e afonda no teu activismo: LGTBI, feminismo; medio ambiente; antirracista. VIRTUAL.
A.1.3.6 Parada 4: Como preparar o guión do teu programa de radio? VIRTUAL
A.1.3.7 Parada 5: Obradoiro de radio. PRESENCIAL
A.1.3.8 Parada 6: Coñecendo ás persoas activistas da Visita do sur. VIRTUAL
A.1.3.9 Visita do Sur. PRESENCIAL
RE 1.4 Ampliada a capacidade de sensibilización do proxecto a través dunha estratexia de comunicación integral.
A.1.4.1 Elaboración do plan de comunicación propio do proxecto.
A.1.4.2 Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais.
A.1.4.3 Campaña de promoción para dar a coñecer o proxecto nos centros educativos.
RE 1.5 Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva.
A.1.5.1 Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto.
RE 1.6 Celebrado o X aniversario do proxecto
A.1.6.1 Concurso de podcast dos centros educativos participantes durante o curso escolar 2022/2023.
A.1.6.2 Encontro profesorado e alumnado participantes no proxecto dende o ano 2013
Directa: 412 persoas (5 homes, 7 mulleres, 204 nenos e 196 nenas) entre alumnado e profesorado dos centros educativos de formación regrada.
Indirecta: 1.080 (458 homes, 522 mulleres, 459 nenos e 441 nenas) vinculadas ao efecto multiplicador do alumnado entre os membros da súa familia, derivadas da difusión do proxecto de man do profesorado cara todo o claustro dos centros, e ligadas á difusión dos programas de radio creados nos centros.
Axuda Xunta de Galicia:
70.000 € (30.000 € en 2022 e 40.000 € en 2023)