Activistas polo mundo que queremos 2023-2024
Esta iniciativa está dirixida a 400 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado, e ten como obxectivo afondar nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Tendo de marco teórico a Axenda 20230, os activismos LGTBI e feminista, o medioambientalista e o antirracista, serán estas as temáticas condutoras da proposta, e a comunicación transformadora e a radio, as ferramentas metodolóxicas e elementos vertebradores das accións a desenvolver. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan Proxecta + da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Xeral: Fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.
Específico: Contribuír ao fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construcción da xustiza social.
RE 1.1. Deseñado, xestionado e executado o Plan de Coordinación e comunicación entre as ONGD consorciadas, a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, a Consellería de Educación e o profesorado do proxecto 2023- 2024.
A.1.1.1. Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta
A.1.1.2 Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.
RE 1.2 Realizado un curso de formación para traballar os coñecementos e as ferramentas precisas para o profesorado implicado de 6 centros educativos para o desenvolvemento do proxecto ao longo do curso 2023-2024.
A.1.2.1 Coordinación e acompañamento aos centros educativos.
A.1.2.2 Encontro inicial do profesorado e organizacións.
A.1.2.3 Elaboración de materiais de acompañamento ao profesorado.
RE 1.3 Realizadas 7 paradas con alumnado de 6 centros educativos participantes para favorecer vías de denuncia sobre as súas realidades a través de sesións presenciais e virtuais.
A.1.3.1 : Revisión da aula virtual para o curso 2023/2024.
A.1.3.2 : Xestión e acompañamento técnico permanente.
A.1.3.3 Parada 1: Que significa ser activista?
A.1.3.4 Parada 2: Comunicación transformadora.
A.1.3.5 Parada 3: Elixe e afonda no teu activismo: LGTBI, feminismo; medio ambiente; antirracista.
A.1.3.6 Parada 4: Como preparar o guión do teu programa de radio?
A.1.3.7 Parada 5: Obradoiro de radio.
A.1.3.8 Parada 6: Coñecendo ás persoas activistas da Visita do sur.
A.1.3.9 Visita do Sur.
RE 1.4 Ampliada a capacidade de sensibilización do proxecto a través dunha estratexia de comunicación integral.
A.1.4.1 Elaboración do plan de comunicación propio do proxecto.
A.1.4.2 Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais.
A.1.4.3 Campaña de promoción para dar a coñecer o proxecto nos centros educativos.
RE 1.5 Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva.
A.1.5.1 Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto.
Directa: 412 persoas (5 homes, 7 mulleres, 204 nenos e 196 nenas) entre alumnado e profesorado dos centros educativos de formación regrada.
Indirecta: 1.880 (458 homes, 522 mulleres, 459 nenos e 441 nenas) vinculadas ao efecto multiplicador do alumnado entre os membros da súa familia, derivadas da difusión do proxecto de man do profesorado cara todo o claustro dos centros, e ligadas á difusión dos programas de radio creados nos centros.
Axuda Xunta de Galicia: 70.000 € (30.000 € en 2023 e 40.000 € en 2024)