Proxectos

Activistas polo mundo que queremos 2024-2025

Activistas polo Mundo que Queremos 2024-2025 é unha iniciativa dirixida a 300 alumnos e alumnas dos centros galegos de secundaria e formación profesional xunto ao seu profesorado. Ten como obxectivo afondar nas desigualdades sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos nos que traballa a cooperación galega. Tendo de marco teórico a Axenda 2030, os activismos LGTBI e feminista, o medioambientalista e o antirracista, serán estas as temáticas condutoras da proposta, e a comunicación transformadora e a radio, as ferramentas metodolóxicas e elementos vertebradores das accións a desenvolver. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan Proxecta + da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACIÓN GALEGA DE COMUNICACIÓN PARA O CAMBIO SOCIAL (AGARESO)
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Obxectivos: 

Xeral: Fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Específico: Contribuír ao fomento dunha adolescencia e un profesorado galego consciente da interconexión entre realidades locais e dinámicas globais e apoio no exercicio da súa corresponsabilidade na construción da xustiza social.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Deseñado, xestionado e executado o plan de coordinación e comunicación entre as ONGD consorciadas, a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e o profesorado do proxecto 2024- 2025.

A.1.1.1 Xestión e coordinación dos requirimentos da fase inicial e final (memorias) para a participación dentro do Plan Proxecta.

A.1.1.2 Xestión e coordinación interna das ONGD e entidades participantes.

RE 1.2 Realizado un curso de formación para traballar os coñecementos e as ferramentas precisas para o profesorado implicado de 4 centros educativos para o desenvolvemento do proxecto ao longo do curso 2024-2025.

A.1.2.1 Coordinación e acompañamento aos centros educativos.

A.1.2.2 Encontro inicial do profesorado e organizacións.

A.1.2.3 Elaboración de materiais de acompañamento ao profesorado.  

RE 1.3 Realizadas 8 paradas con alumnado de 4 centros educativos participantes para favorecer vías de denuncia sobre as súas realidades a través de sesións presenciais e virtuais.

A.1.3.1 Revisión da aula virtual para o curso 2024/2025.

A.1.3.2 Xestión e acompañamento técnico permanente.

A.1.3.3 Parada 1 (presencial): Que significa ser activista?

A.1.3.4 Parada 2 (virtual): Elixe e afonda o teu activismo: LGTBIQ+, Feminismo, Medio ambiente, Antirracista.

A.1.3.5 Parada 3 (presencial): Comunicación transformadora.

A.1.3.6 Parada 4 (virtual): Como preparar o guión do teu programa de radio?

A.1.3.7 Parada 5 (presencial): Obradoiro de radio.

A.1.3.8 Parada 6 (virtual): Coñecendo ás persoas activistas da Visita do sur.

A.1.3.9  Parada 7 (presencial): Visita do Sur.

A.1.3.10 Parada 8 Escoita de podcast e avaliación.

RE 1.4 Ampliada a capacidade de sensibilización do proxecto a través dunha estratexia de comunicación integral.

A.1.4.1  Elaboración do plan de comunicación propio do proxecto.

A.1.4.2 Campaña de difusión nos medios de comunicación tradicionais.

A.1.4.3 Campaña de promoción para dar a coñecer o proxecto nos centros educativos.

RE 1.5 Xestionados os coñecementos sobre a experiencia da intervención de cara á aprendizaxe colectiva.        

A.1.5.1 Avaliación continua e comparativa de todo o proceso de execución do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 308 (2 homes; 6 mulleres; 147 nenos; 153 nenas)

Indirecta: 1.395 (338 homes; 382 mulleres; 344 nenos; 331 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

70.000 € (30.000 € en 2024 e 40.000 € en 2025)