Proxectos

Actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

O convenio ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e a entidade Fundación UNICEF Comité Español para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria e de emerxencia, en países con poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calquera outras accións que en beneficio destas poboacións póidanse impulsar.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Axentes: 
UNICEF
Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Realizar as actuacións que se requiran para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes e crises humanitarias de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables.

Resultados e actividades: 

En función das características de cada situación de emerxencia ou das crises humanitarias nas que se pretenda intervir, acordarase un tipo de resposta específica, baseada na provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria e/ou outro material de primeira necesidade) e a mitigación do sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfase en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 140.000 € (100.000 € ; addenda 40.000 €)