Proxectos

Actuacións de acción humanitaria e de emerxencia

O presente convenio ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e a entidade Fundación UNICEF Comité Español para a execución de actuacións e proxectos en materia de acción humanitaria e de emerxencia, en países con poblacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, co fin de paliar o sufrimento das poboacións afectadas e de calesquera outras accións que en beneficio destas poblacións se poidan impulsar

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
País: 
MALI
MAURITANIA
SUDÁN DO SUR
UCRANIA
Axentes: 
UNICEF
Contraparte: 

UNICEF

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Realizar as actuacións que ambas as partes acorden tendentes a atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes e crises humanitarias de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, mediante a provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia (auga, abrigo, medicamentos, atención sanitaria e/o outro material de primeira necesidade) e paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, con énfases en países e poboacións de menor Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

Resultados e actividades: 

A través deste convenio de colaboración realizáronse as seguintes actuación de emerxencia:

  • Intervención de emerxencia para o apoio á vacinación contra a Covid-19 en Mali no marco do mecanismo COVAX.
  • Intervención de emerxencia para a prevención e resposta á violencia sexual e de xénero contra nenas, nenos e adolescentes en Mauritania.
  • Intervención de resposta de emerxencia fronte á crise en Ucraína.
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

150.000 € (50.000 € inicial, 50.000 € addenda 1 e 50.000 € addenda 2)