Proxectos

Adaptación ao cambio climático mediante o fortalecemento dos mecanismos de comercialización e propostas de turismo sustentable como estratexia de diversificación da pesca artesanal na provincia de Piura

O proxecto ten como obxectivo xeral “Contribuír á adaptación ao cambio climático asegurando a reactivación económica de diferentes colectivos de produtores e agrupacións de mulleres a través do fortalecemento dos procesos de comercialización e turismo sostible”. Existen diversos estudos, moitos deles propiciados por Nacións Unidas, que conclúen que as mulleres e as nenas sofren de forma máis severa os efectos do cambio climático. Isto é debido a que os grupos de mulleres teñen unha alta dependencia dos recursos naturais e en consecuencia sofren en gran medida os efectos da diminución nos recursos pesqueiros. Moitas zonas costeiras de Perú son a día de hoxe consideradas altamente vulnerables ao cambio climático e isto púidose observar especialmente durante os últimos anos na Baía de Sechura e a costa de Piura con fenómenos meteorolóxicos extremos que tiveron un efecto negativo nos recursos mariños. Por todo iso, este proxecto pretende mellorar a capacidade de adaptación e resiliencia do sector pesqueiro artesanal de Piura fronte aos eventos climáticos.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Piura (rexión)
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Contraparte: 

Ministerio de la Producción (PRODUCE)- Dirección General de Pesca Artesanal (DGPA)

Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á adaptación ao cambio climático asegurando a sustentabilidade social de diferentes colectivos de produtores e agrupacións de mulleres desde a xeración de estratexias de diversificación pesqueira.

Específico: Incrementar os procesos e accións de diversificación pesqueira que axuden á reactivación económica de produtoras, produtores e comercializadoras, a partir da mellora do sistema de comercialización e á creación de novas iniciativas vinculadas ao turismo marítimo-pesqueiro.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fortalecidos os procesos de mellora da comercialización a partir de emprendementos liderados por mulleres capacitadas desde o proxecto ACUIPESCA.

            A.1.1.1: Análise do actual sistema de comercialización e avaliación de puntos críticos e oportunidades.

A.1.1.2: Capacitación en procesos de manipulado, boas prácticas e técnicas de venda.

A.1.1.3: Deseño, proposta e implementación de dous proxectos piloto de comercialización tanto en produto fresco como en procesado artesanal (seco).

RE 1.2: Establecidas as condicións para a implementación de plans de emprendemento baseados no turismo sostible, diversificando a economía pesqueira.

A.1.2.1: Diagnóstico participativo sobre a potencialidade turística das comunidades pesqueiras artesanais na provincia de Piura.

A.1.2.2: Deseño de propostas para a implementación de novas iniciativas turísticas no sector da pesca artesanal.

A.1.2.3: Sensibilización ás comunidades pesqueiras sobre a relevancia do turismo sostible como alternativa socioeconómica baseada na cultura pesqueira.

RE 1.3: Fortalecidas a nivel institucional as capacidades técnicas que fomenten iniciativas de mellora do sistema de comercialización dos produtos hidrobiolóxicos, e potencien o turismo marítimo-pesqueiro sostible, con enfoque de xénero.

A.1.3.1: Reforzo institucional para a mellora de procesos  e capacidades dirixidos á posta en marcha de novas fórmulas de comercialización de produtos hidrobiolóxicos que apoien o cumprimento do POPA.

A.1.3.2: Medidas de apoio técnico na execución e adecuación de propostas de diversificación pesqueira con base no turismo sostible, para o seu encaixe no Plan Estratéxico Rexional de Turismo de Piura – PERTUR Piura 2019 – 2025.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 463 persoas (409 homes e 54 mulleres)

Indirecta: 572 persoas (323 homes e 249 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 75.000 €