Addenda modificativa relativa ao Acordo de Prórroga e ao Acto de Adhesión do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria
Prórroga do Convenio entre a Cooperación Descentralizada e a AECID para a actuación conxunta e coordinada en materia de acción humanitaria, suscrito o 3 de outubro de 2018 e publicado no BOE o 9 de novembro de 2018. Este convenio permite, por unha banda, o establecemento dunha relación de coordinación constante entre a Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da AECID e as Comunidades Autónomas participantes, e por outra, o financiamento conxunto das intervencións que se seleccionen. No marco de dito convenio, a AECID adquire o compromiso de destinar anualmente 1.000.000 € e cada unha das CCAA un mínimo de 50.000 € anuais. Xunto coa prórroga do convenio, a adenda modificativa ten por obxecto a publicación no BOE do modelo de acto de adhesión ao convenio.
Axuda Xunta de Galicia: 50.000,00 € (2019)