Adquisición de 360.000 xiringas para a vacinación xeneralizada contra a COVID da poboación cubana
O convenio ten por finalidade a loita contra a expansión da pandemia provocada pola COVID-19 a través da subministración do material necesario para a vacinación xeneralizada da poboación cubana con vacinas desenvolvidas en Cuba polo Instituto Finlay e o Centro de Ingeniería Genética y Biotecnología.
Ministerio de Salud Pública de Cuba (MINSAP)
Xeral: Garantir e manter o Obxectivo 3 dos ODS en Cuba: Garantir unha vida sa.
Específico: Mellorada a capacidade para a vacinación da poboación cubana con vacinas desenvolvidas en Cuba polo Instituto Finlay e o Centro de Ingeniería Genética y Biotecnología.
Resultado 1: Vacinada a poboación cubana con vacinas desenvolvidas en Cuba polo Instituto Finlay e o Centro de Ingeniería Genética y Biotecnología.
Actividade 1.1. Adquisición de 360.000 xiringas con agullas.
Axuda Xunta de Galicia: 30.000,00 €