AFIANZAMENTO DAS ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN, FONTES DE FINANCIAMENTO, EXPANSIÓN XEOGRÁFICA E VOLUNTARIADO
O Plan de mellora de Implicadas no Desenvolvemento fica especificado no Plan estratéxico para o período 2009-2014 e recolle as seguintes accións:
- Aumentar o número de persoas contratadas diversificando funcións de cada unha delas nas áreas de proxectos e comunicación/publicidade respectivamente.
- Aumentar a base asociativa en Galicia tanto polas actividades de captación, achegamento á cidadanía e de difusión do traballo da organización como por constituirse a entidade en asociación de xénero de referencia en Galicia.
- Aumentar o voluntariado creando novos grupos en municipios de menos de 50.000 habitantes. Non só a nivel cuantitativo, senón a nivel cualitativo a base de activistas e os grupos de voluntariado locais e virtuais están formados a través de encontros de capacitación en perspectiva, políticas e teoría de xénero, sensibilización sobre cooperación internacional e mais polo miúdo en proxectos de fortalecemento das estratexias de cooperación coa ferramenta do microcrédito e a constitución dos grupos de aforro.
- Coñecer e mellorar a imaxe da entidade tanto a través da remodelación da páxina web como mediante a inserción e creación de novas redes con outras asociacións galegas, particularmente con Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e outras organizacións afíns.
- Diversificación de fontes de financiamento a través do Plan de financiamento formulado ad hoc para Implicadas no Desenvolvemento pola consultora Estratega Consulting Global, tendo lugar o plan formativo durante 2010 e 2011.
Período de execución: agosto 2010 – xullo 2011
Contribuír a crear un tecido de cooperación ao desenvolvemento galego independente, crítico e de xénero
- Inserción de publicidade a través de distintos medios e reforzar a área de comunicación e difusión do traballo da ONGD coa incorporación dunha especialista en comunicación.
- Inserción de información producida pola organización nos medios de comunicación.
- Produción e distribución de materiais promocionais e informativos e remodelar, afianzar e mellorar contidos e plataforma de formación da páxina web da organización.
- Realización dun estudo e planificar fontes financiamento alternativas a través da Consultora Estratega Consulting Global.
- Creación de 4 redes novas.
- Creación de 2 grupos de voluntariado novos (en Ferrol e en Monforte de Lemos).
- Formación de voluntariado
24.728€ (2010: 9.891,20€ - 2011: 14.836,80€)