Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do Dereito ao Hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 1.
O proxecto busca fortalecer as capacidades dunha comunidade-barrio e de actores multiplicadores chave para identificar as vulneracións do dereito ao hábitat que viven, así como para fortalecer as capacidades e ferramentas para a defensa do mesmo. O deseño do proxecto incorpora unha perspectiva interseccional e de participación comunitaria, tendo en conta a importante diversidade e complexidade da poboación do contexto da intervención: o barrio coruñés da Agra do Orzán. A proposta pretende poñer en práctica e fortalecer capacidades críticas, poñer en valor as fortalezas do barrio desde a perspectiva dos coidado, tecer redes que fortalezan a convivencia intercultural e espallar coñecemento para que a poboación sexa capaz de analizar a súa contorna achegándose e apropiándose da axenda 2030 e os ODS.
Xeral: Reforzada unha conciencia crítica da cidadanía global na loita contra a inequidades sociais e na defensa do dereito a un hábitat digno e coidador nun contexto de crise sistémica.
Específico: Fortalecidas as capacidades para a defensa do dereito ao hábitat no marco da axenda 2030 no barrio da Agra do Orzán (A Coruña) desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional norte e sur.
RE 1.1 Axentes clave polo seu potencial multiplicador e titulares de responsabilidades da educación formal, non formal, intervención e participación sociocomunitaria formados na defensa do dereito ao hábitat no marco da axenda 2023 con enfoque ecofeminista e interseccional.
A.1.1.1 Curso Dereito ao Hábitat Plan Proxecta + para docentes primaria e secundaria (out-nov 23).
A.1.1.2 Curso de formación Dereito ao hábitat, enfoque ecosocial e urbanismo ecofeminista UDC (out-nov 23).
A.1.1.3 Obradoiros Transformando Cartografía crítica (dec 23 e feb 24).
RE 1.2 A veciñanza da Agra do Orzán (titulares de dereitos) e axentes clave (titulares de responsabilidades) desenvolven procesos de IAP sobre o dereito ao hábitat desde un enfoque ecofeminista e interseccional a través da metodoloxía da cartografía critica colaborativa.
A.1.2.1 Realización Obradoiros Un barrio de coidados no CEIP Raquel Camacho (Oct-nov 23).
A.1.2.2 Proceso de cartografía “Agra: un barrio de coidados” desde o IES AGRA 1 (xan 24 a marzo 24).
A.1.2.3 Proceso IAP cartografía “AGRA: un barrio de coidados” no primeiro curso do MOPS (xan 24 a abril 24).
A.1.2.4 Diagnose participativa interseccional do barrio da AGRA no 2º curso do MOPS (Xane 24- marzo 24).
RE 1.3 A veciñanza do barrio da Agra (titulares de dereitos) dispón de materiais e iniciativas de divulgación, intercambio e xeración de redes con outros contextos vulnerabilizados para a defensa do dereito ao hábitat.
A.1.3.1 Deseño e materialización de propostas e formatos de devolución e divulgación dos resultados derivados de actividades do R2 (abril 24 a maio 24).
A.1.3.2 Deseño e organización Xornada final: devolución e diálogo na comunidade (Maio 24).
A.1.3.3 Creación de ferramentas de comunicación: Deseño imaxe do proxecto, deseño web e vídeo resumo da Fase 1 (Nov e dec 23 e sep 24).
RE 1.4 Xeradas ferramentas e procesos para o seguimento e xestión axeitada do coñecemento e actores implicados no proxecto.
A.1.4.1 Liña de base.
A.1.4.2 Avaliación externa.
A.1.4.3 Coordinación e seguimento continuo e participativo do proxecto (mes 1 a 12).
Directa: 350-400 persoas
Indirecta: 8.350 persoas
Axuda Xunta de Galicia: 44.900€ (17.960€ en 2023 e 26.940€ en 2024)