Proxectos

Alianzas acuícolas entre o sector cooperativo, para o crecemento económico e a redución de impactos ambientais en zonas de áreas protexidas de Chinandega

Este proxecto traballará con 12 cooperativas do sector pesqueiro e acuícola situadas en 2 municipios do departamento de Chinandega (El Viejo y Somotillo), como parte das accións de fortalecemento do sector pesqueiro e acuícola que Amigos da Terra e Fundación LIDER están desenvolvendo tanto nos sectores de intervención, como no territorio en xestión, no contexto das crises a nivel sanitario (provocada pola Covid-19), sociopolítica e económica. En conxunto, o proxecto busca mellorar a produtividade e a sustentabilidade das cooperativas artesanais de pargo e camarón, co obxectivo de favorecer a competitividade e a cooperación local do sector, e desta forma, contribuír ao desenvolvemento económico, social e ambiental das familias campesiñas que habitan as zonas costeiras do departamento de Chinandega. Todo iso, a través dun enfoque de innovación e investigación social, e promovendo a participación e liderado da muller no sector pesqueiro e acuícola da  zona de intervención. Isto traducirase en tres Resultados Esperados: o fomento das sinerxias entre cooperativas pesqueiras para a xestión de áreas protexidas con equidade de xénero e perspectiva ecolóxica; o fortalecemento de procesos de produción en granxas artesanais acuícolas a través de asistencia técnica, investimentos produtivos e labores de investigación; e a mellora das alianzas entre compradores de produtos pesqueiros e cooperativas, con vistas a mellorar a comercialización e os ingresos destas últimas.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Chinandega (departamento)
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Contraparte: 

Fundación Luchadores Integrados para el Desarrollo de la Región (LIDER)

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
31382 - Investigación pesqueira
31391 - Servizos pesqueiros
41030 - Biodiversidade
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao desenvolvemento económico, social e ambiental de familias campesiñas que habitan en zonas costeiras do departamento de Chinandega

Específico: Promover a innovación na produción acuícola e o establecemento de mecanismos de cooperación entre actores do sector, que melloren a competitividade dos emprendementos locais

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fomentadas sinerxias entre cooperativas de diferentes rubros pesqueiros para a xestión de áreas protexidas con equidade de xénero.

            A.1.1.1 Promover espazos de conservación do recurso mariño en áreas protexidas e intercambio de experiencias sobre boas prácticas de produción.

            A.1.1.2 Mellorar a participación das mulleres na toma de decisión e control de recursos dentro das cooperativas acuícolas

 

RE 1.2 Fortalecidos procesos de produción en granxas artesanais acuícolas.

            A.1.2.1 Brindar asistencia técnica dirixida a mellorar rendementos e implantar plans de xestión ambiental.

            A.1.2.2 Realizar investimentos dirixidos a mellorar a produtividade e promover boas prácticas produtivas

            A.1.2.3 Promover a transferencia de tecnoloxía para mellorar a produción de fórmulas de alimentos para peces e camaróns

 

RE 1.3 Melloradas as alianzas entre compradores de produtos pesqueiros e cooperativas.

            A.1.3.1 . Brindar asistencia técnica e capacitación en acceso a mercados de cooperativas acuícolas

            A.1.3.2 Implantar plan para a autoxestión económica inclusiva das cooperativas de pescadores/as

Poboación beneficiaria: 

Directa: 286 persoas (166 homes e 120 mulleres)

Indirecta: 5.474 persoas (2.832 homes e 2.642 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

175.000 € (70.000 € en 2022 e 105.000 € en 2023)