Aliviar o sufrimento e reforzar a capacidade de resiliencia das persoas refuxiadas máis vulnerables en Maban (Sur Sudán)
Durante o ano 2016, o número de refuxiados/as sursudaneses creceu un 85%; segundo o informe de ACNUR, a crise de refuxiados/as de Sudán do Sur foi a que alcanzou unha magnitude máis rápida durante o ano 2016. Unha crise humanitaria que, ademais, golpea especialmente a nenos/as e rapaces novos, con dous terzos da poboación que fuxiu do país por baixo dos 18 anos.
O Plan de Resposta Humanitaria de Sudán do Sur para 2017 (HRP polas súas siglas en inglés), elaborado por UNOCHA –en colaboración/participación de goberno e organizacións humanitarias– establece en 7,5 millóns o número de persoas en necesidade humanitaria cuxa atención require de 1,6 billóns de USD. Son 7,5 millóns de persoas dun total de 12 millóns que conforman a poboación total.
O tipo de necesidades humanitarias identificadas por OCHA inclúen a protección fronte a violencia contra civís, poñendo énfases na violencia sexual contra mulleres, a desnutrición e fame negra, o aumento da inflación de prezos dificultando un nivel de vida digno, a propagación de enfermidades como o cólera e a malaria así como o desprazamento e o especial risco ao que están expostos novos e nenos/as.
O condado de Maban atópase na parte nororiental do estado de Upper Nile en Sudán do Sur, e comparte fronteira co estado de Blue Nile (Sudán). Esta rexión non só estivo duramente golpeada polos combates durante a guerra de independencia, senón que seguiu sufrindo as consecuencias do conflito “encuberto” entre os dous estados despois dos acordos de Paz para o control dos recursos naturais existentes na zona (principalmente pozos petrolíferos).
Os combates entre as Forzas Armadas de Sudán (SAF) e as milicias do exército de Liberación Popular de Sudán - Norte (SPLA - Norte) nos Estados de Sur Kordofán e Blue Nile, produciu un gran número de vítimas entre a poboación civil e o desprazamento de miles de persoas alén da fronteira. A isto hai que engadir que o estado de Upper Nile está a ser un dos máis afectados polo conflito interno que estalou en decembro 2013.
Ao mesmo tempo, a pesar deste conflito, Sur Sudán segue sendo lugar de refuxio para aproximadamente 255.000 persoas, a gran maioría Sudaneses que fuxiron das rexións de Abyei , Sur Kordofan e Nilo Azúl.
Segundo cifras de Nacións Unidas, só en Maban actualmente atópanse máis de 130.000 refuxiados/as, a case totalidade deles/as son Sudaneses/as hospedados/as en 4 campos: Douro, Batil, Kaya e Gendrassa.
Servizo Xesuíta ao Refuxiado (JRS a súa sigla en inglés)
Obxectivo Xeral: A poboación refuxiada, desprazada e local de Mabán reforza a súa capacidade de resiliencia.
Obxectivo Específico: Reforzar a atención humanitaria e o benestar psicosocial da poboación refuxiada, desprazada e local máis vulnerable en Mabán .
Resultado 1: 400 refuxiados/as, desprazados/as e membros da comunidade local vulnerables reciben apoio psico-social integral e bens de primeira necesidade, con especial foco en persoas con discapacidade.
A.1.1.1: Identificación das persoas máis vulnerables dentro da poboación refuxiada, desprazada e poboación local, con especial énfase nos nenos/as e mozos/as con discapacidades.
A.1.1.2: Distribución de kits de emerxencia con bens de primeira necesidade entre a poboación máis vulnerable refuxiada, desprazada e poboación local, con especial énfase nos nenos/as e mozos/as con discapacidades e outros grupos especialmente vulnerables como nais solteiras, anciáns sen ningún coidador, etc.
A.1.1.3: Sesións de asesoría psicosocial individual nos domicilios dos beneficiarios/as levada a cabo polos dinamizadores formados no tema coa supervisión do asistente psicosocial.
A.1.1.4: Sesións de terapia grupal psicosocial para que os beneficiarios/as teñan un espazo no que poidan compartir as súas vivencias, sentirse escoitados/as e comprendidos/as e conten con ferramentas que fomenten a súa resiliencia.
A.1.1.5: Seguimento individualizado visitas domiciliares
Resultado 2: 350 persoas refuxiadas, desprazadas e membros da comunidade local adquiren habilidades persoais e sociais que facilitan a súa rehabilitación e a convivencia pacífica.
A.2.1.1. Preparación dos talleres e identificación de participantes
A.2.1.2. Talleres habilidades para a vida e manexo de conflitos
A.2.1.3. Talleres de prevención de violencia, especialmente de violencia sexual (SGBV)
A.2.1.4. Talleres de reconciliación e diálogo para unha convivencia pacífica
A.2.1.5. Seguimento beneficiarios/as programas capacitación
Directa: Unhas 500 persoas, das cales 240 son mulleres, 160 homes, 50 nenas e 50 nenos.
Indirecta: Unhas 21.000 das cales 4.695 son mulleres 4.854 homes 5.821 nenas e 5.630 nenos. Cálculo aproximado baseado nas estatísticas de ACNUR sobre a poboación hospedada nos 4 campos.
69.950,00 €