Proxectos

Alternativas na escola: Comercio xusto e soberanía alimentaria

O consorcio que vincula a estas organizacións xurdiu no ano 2012 como consecuencia da experiencia e coincidencia en obxectivos entre elas, para desenvolver o proxecto “Sensibilizando á xuventude rural galega”, cuxo obxectivo foi o de sensibilizar á sociedade galega, especialmente no ámbito rural, en dous eidos fundamentais: A Cooperación ao Desenvolvemento e o Comercio Xusto e Responsable (e, por ende, a Soberanía Alimentaria). Dados os resultados obtidos co devandito proxecto crese necesario continuar por este camiño, realizando obradoiros de sensibilización na temática do comercio xusto, o desenvolvemento sustentable, a soberanía alimentaria e a cooperación ao desenvolvemento, aproveitando os materiais realizados e facendo algún novo que se adapte a outros rangos de idade, xa que nesta ocasión, a poboación obxectivo serán os alumnos de último curso da ensinanza pública obrigatoria, tanto do rural como da cidade, pero limitándonos ao concello de Lugo. Se quere que os mozos/as que están a rematar os seus estudos obrigatorios, vexan outras alternativas de futuro fóra das que a ensinanza regrada lles ofrece; alternativas baseadas na agroecoloxía, na cooperación e na solidariedade.

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
A COVA DA TERRA
PANXEA
SOLIDARIEDADE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ (SODEPAZ)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Sensibilizada a xuventude lucense en materia de consumo responsable, soberanía alimentaria e comercio xusto.
Obxectivo Específico: Aumentados e mellorados os coñecementos en comercio xusto, consumo responsable e soberanía alimentaria de 500 mozos/as de entre 15 e 16 anos (segundo ciclo da E.S.O.) de toda a provincia de Lugo, partindo de experiencias pasadas e de alternativas futuras.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Identificados e seleccionados 25 colexios nos que se desenvolverán as sesións de sensibilización e formación (3º mes).
Actividades:
A.1.1.1: Contratar un/ha Técnico/a en Cooperación.
A.1.1.2: Reunión entre as entidades do consorcio e o/a técnico/a.
A.1.1.3: Segunda reunión de avaliación da marcha do proxecto.
A.1.1.4: Terceira reunión na que se pechará a lista de colexios colaboradores.
Resultado 1.2: Elaborados os materiais didácticos de apoio para as sesións de formación (6º mes).
Actividades:
A.1.2.1: Reunión avaliativa do material didáctico.
A.1.2.2: Edición do material didáctico.

Resultado 1.3: Realizadas as sesións de formación a 500 alumnos/as de 25 colexios do segundo ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria (12º mes).
Actividades:
A.1.3.1: Estableceranse contactos con distintas asociacións de profesores, escolas e redes de ensino para que colaboren no proxecto.
A.1.3.2: Contacto con proxectos innovadores no rural.
A.1.3.3: Realización dos obradoiros de formación que terán dúas partes diferenciadas: excursión e formación teórico-práctica con desgustación.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 500 (250)
Indirecta: 25
 

Axudas: 

34.800,00 (2013:13.920,00; 2014:20.880,00)