Ampliación da maternidade de Nadibu con enfoque de xénero: mellora da atención integral a mulleres e neonatos, Costa de Marfil.
A maternidade de Nadibu, construída pola ONG Egueire en 2017 en Costa de Marfil, mellorou a saúde materno-infantil, pero a falta de aloxamentos para as matronas limita a continuidade asistencial. A proposta de crear espazos para que o persoal sanitario faga noite no centro melloraría a atención, reduciría a mortalidade materno-infantil e fortalecería a equidade no acceso á saúde, aliñándose cos ODS 3 e 5.
ONG Egueire Côte d’Ivoire
Xeral: Disminuír a taxa de mortalidade materna e infantil e mellorar o benestar social e a calidade de vida das mulleres embarazadas e dos seus fillos/as na zona de Nadibu (Costa de Marfil).
Específico: Mellorar a continuidade, calidade e seguridade da atención sanitaria prestada na maternidade de Nadibu 2 mediante a construción dun espazo adecuado para a pernocta das comadronas.
RE 1.1. Construcción e dotación dunha infraestrutura básica de aloxamento no recinto da maternidade.
A1.1.1 Contratación da empresa executora da obra
A1.1.2 Coordinación técnica e seguimento da obra (mensual)
A1.1.3 Recepción oficial da obra e acta de entrega
A1.1.4 Dotación adicional do espazo (mobiliario básico e iluminación)
RE 2.1. Presenza continua do persoal sanitario e mellora da atención nas urxencias obstétricas.
A1.2.1 Coordinación co Ministerio de Sanidade
A1.2.2 Comunicación á poboación sobre a dispoñibilidade do servizo 24h
A1.2.3 Seguimento do uso do espazo e do impacto asistencial (mensual)
A1.2.4 Avaliación da satisfacción de usuarias e persoal
Directa: 704 (514 mulleres/nenas e 190 homes/nenos)
Indirecta: 9.500 (5.000 mulleres/nenas e 4.500 homes/nenos)
23.672,94 € en 2025