Proxectos

AMPLIACIÓN DA OFERTA EDUCATIVA DO CENTRO DE FORMACIÓN LABORAL

O proxecto de ampliación da oferta educativa do Centro de Formación Laboral "Rafael Reyes G". (C.F.L) pretende dar reposta á crecente demanda e necesidade da poboación de Acahualinca de Formación Laboral

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Acahualinca
Managua (departamento)
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

Centro Nicaragüense de Promoción de la Juventud e Infancia “Dos Generaciones"

Código CRS: 
11330 - Formación profesional
Obxectivos: 

Contribuír á habilitación da seguridade económica das familias do barrio Acahualinca, mediante o acceso á formación técnico-laboral dos adolescentes, novos, particularmente mulleres, que lles desenvolva capacidades para competir no mercado laboral en condicións dignas

Resultados e actividades: 

- Equipamento dos talleres que están a funcionar para a capacitación das e dos adolescentes, mozos/as e mulleres de Acahualinca.
- Certificación das novas propostas curriculares por parte de INATEC
- Implementación das novas propostas curriculares e dos talleres.
- Elaboración de listado de necesidades por taller de capacitación laboral.
- Conformación dun comité de estudantes, nais, pais, docentes e dirección do C.F.L que xunto ao supervisor de obras participen no control e seguimento das etapas de construción.

Poboación beneficiaria: 

2020 persoas
Directa: 320 persoas
Indirecta: 1700 persoas

Axudas: 

170003