Ampliación das oportunidades de reinserción social de adolescentes que cumpren medidas xudiciais en Perú
O presente proxecto de investigación exponse no marco do convenio de colaboración que UDIPRE: Unidade de investigación en prevención e tratamento de problemas de Conduta da Universidade de Santiago e a fundación COMETA: Compromiso desde a infancia e a Adolescencia en Perú teñen subscrito desde o ano 2011. Xorde co fin de incrementar as oportunidades de reinserción social de adolescentes que cumpren medidas xudiciais no Perú, no marco do novo Plan Nacional para a Prevención e Tratamento do Adolescente en conflito coa Lei Penal 2013-2018 (PNAPTA) elaborado pola Dirección de Política Criminal do Ministerio de Xustiza peruano. Nun momento no que se está potenciando, desde a administración de xustiza, unha política de prevención e tratamento da delincuencia xuvenil, é necesario a formación dos profesionais no ámbito da xustiza de menores, na avaliación e o deseño das intervencións eficaces e dispoñer de tecnoloxía e instrumentos de avaliación validados para a avaliación e a xestión de intervencións e políticas públicas no ámbito do sistema de xustiza xuvenil.
COMETA - Compromiso desde la Infancia y Adolescencia
Obxectivo xeral: Favorecer a inclusión social de adolescentes homes e mulleres que cumpren medidas xudiciais nos centros xuvenís de reforma de medio aberto e pechado en Perú
Obxectivo específico: Elevar as oportunidades de reinserción social de adolescentes infractores que cumpren medidas xudiciais en Perú.
Resultado 1.1: Equipos técnicos dos xulgados e dos centros xuvenís de reforma que atenden a adolescentes infractores contan cun protocolo e xestión do risco de reincidencia para a intervención diferencial que contemple actuacións validadas e apropiadas en función do perfil de risco dos adolescentes infractores e con enfoque de xénero.
Actividades
A.1.1. Adaptación lingüística e validación psicométrica do protocolo de Valoración do Risco para Adolescentes Infractores.
A.1.2 Incorporación de variables significativas segundo o contexto cultural de Perú
A.1.3 Recollida de datos nunha mostra representativa dos adolescentes infractores
A.1.4 Análise de datos e elaboración final do protocolo.
Resultado 1.2: Responsables da intervención a nivel prexudicial, xudicial e socioeducativo (fiscais, avogados defensores, xuíces, equipos técnicos dos tribunais e dos centros de tratamento, etc.) melloran as súas capacidades e habilidades para a avaliación do risco en adolescentes infractores, e desenvolven actitudes favorables cara á incorporación de evidencias científicas na intervención xurídica e psico-socioeducativa do adolescente infractor.
Actividades
A.2.1. Talleres diagnóstico da situación actual con especialistas de diferentes ámbitos
A.2.2. Elaboración e xestión do programa de formación.
A.2.3. Formación dos expertos da PUCP en avaliación de risco e deseño e avaliación de programas para distintos perfís de menores infractores.
A.2.4. Realización do curso de formación aos equipos técnicos dos centros de tratamento de menores sobre a utilización da guía e os distintos perfís de menores obtidos.
A.2.5. Charlas de sensibilización con actores do Sistema de Administración de Xustiza sobre importancia da avaliación e xestión do risco en adolescentes infractores.
A.2.6. Avaliación do curso cos equipos dos centros de tratamento de menores.
Directa: mozos que teñen un perfil de idade que oscila entre os 14 e 17 anos, provenientes de familias desestructuradas e migrantes de sectores periféricos das cidades e atópanse en risco constante pola situación de pobreza na que viven. (1004 homes; 46 mulleres). Ademais dos profesionais que traballen cos adolescentes. A distribución é a seguinte: Lima: 50 persoas, Junín: 30 persoas, A Liberdade: 20 persoas e Ucayali: 10 persoas.
Indirecta: poboación beneficiaria indirectas son as familias ,xa que se verán beneficiadas da mellora da situación dos mozos. Un total de 5.250 persoas (2.625 homes e 2.625 mulleres)
69.999,00 € (2014)