Proxectos

AMPLIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA NO CENTRO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA “SANTA RAFAELA MARÍA" NA CIDADE DE CHOTA (PERÚ)

OBXECTIVOS

ContribuÍr ao fortalecemento do sistema educativo de Perú, mellorando o nivel educativo e formativo da poboación infantil e xuvenil do país. Preténdese tamén escolarizar e formar axeitadamente aos alumnos en idade escolar de secundaria da cidade de Chota e os seus arredores, carentes das infraestruturas necesarias para a correcta atención da poboación local.

BENEFICIARIOS

Directos: 400 mozas e mozos estudantes de secundaria
Indirectos: 21.000 persoas, é dicir o conxunto de toda a poboación local residente na área obxectivo do  proxecto

ACCIÓNS

- Construción de seis aulas para secundaria no novo centro escolar “ Santa Rafaela María"
- Adquisición de mobiliario e equipamento  para dotar de todo o necesario as novas aulas co fin de asegurar o normal desenvolvemento da actividade docente
- Contratación de todo o persoal docente e de servizos necesario para asegurar a actividade educativa que se pretende impartir no novo centro
- Comezo da actividade docente no novo centro de secundaria “ Santa Rafaela María"
 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Chota (municipalidade)
Cajamarca (departamento)
Axentes: 
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE RELIXIOSOS DO ENSINO E TITULARES DE CENTROS CATÓLICOS (FERE - CECA)
Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
Axudas: 

78.000 EUROS