AMPLIANDO ESPAZO ACSUR GALIZA
A proposta trata de mellorar a estrutura de ACSUR en Galicia tras dous anos na comunidade autónoma co compromiso de afianzarse no eido das ONGD. Entre os retos da organización en Galicia está acadar maior presenza institucional e territorial, ampliar a base asociativa, difundir a mensaxe e unir esforzos en concretar un proxecto común, estable e duradeiro, para o que precisa apoio dunha persoa para fortalecer as áreas de traballo de sensibilización e educación ao desenvolvemento e garantir o crecemento natural da organización cunha maior presenza nas catro provincias. Esa persoa será a encargada de afianzar un plan de traballo na área de educación ao desenvolvemento e sensibilización e un plan de ampliación e dinamización da base asociativa cunha base de formación nos eidos da cooperación. Con este plan de fortalecemento ACSUR pretende garantir a súa estabilidade e crecemento cun plan estratéxico no seu territorio a medio - longo prazo.
Período de execución: xuño 2010 – xullo 2011
Fortalecemento da Área de Sensibilización e Educación ao Desenvolvemento e a dinamización da base asociativa de ACSUR Las Segovias en Galicia
- Contratación e formación dunha persoa seleccionada para o proxecto.
- Elaboración dun plan de dinamización de socios/as.
- Elaboración dun plan de sensibilización e educación ao desenvolvemento da asociación no ámbito galego para o ano 2011, con maior presenza no ámbito rural e traballo en rede con outras organizacións galegas.
- Actividades de educación ao desenvolvemento e sensibilización: charlas, proxección de curtas documentais, dinamización de material de ACSUR…
- Elaboración dun plan de formación para os socios/as e voluntarios/as da asociación en Galicia.
- Sesións de formación aos socios/as e voluntarios/as de ACSUR arredor dos temas de xénero, migracións, dereitos humanos, cooperación, elaboración de propostas…
18.600€ (2010: 7.440€ - 2011: 11.160€)