Ampliar as oportunidades de emprego e fontes de ingresos sostibles para as comunidades rurais e costeiras a través do fortalecemento da acuicultura rural e pesca artesanal na provincia de Cabo Delgado, Mozambique.
Desde o ano 2008 o IIP e o actual IDEPA traballan de forma conxunta co Centro Tecnolóxico do Mar- Fundación CETMAR e con financiamento da Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega, no desenvolvemento e implementación de proxectos de acuicultura rural e reforzo da capacidade técnica de investigación pesqueira e acuícola. O presente proxecto vén a dar continuidade ás intervencións previas realizadas no marco dos proxectos AFIS (2016-2017) e CRIL (2017) e que a súa vez se integran na Estratexia de Desenvolvemento Nacional 2015-2035 de Mozambique e nos Plans Directores Sectoriais como: Plan Director das Pescas 2010-2019 e Estratexia para o Desenvolvemento da Acuicultura en Mozambique 2008-2017.
O proxecto contribuirá a loitar contra a pobreza, mellorar as condicións de vida e seguridade alimentaria das comunidades rurais e áreas costeiras da provincia de Cabo Delgado, mediante o fortalecemento ás comunidades acuícolas e pesqueiras e ás institucións públicas, tendo en conta a dinámica da relación entre ambas encamiñándoas a unha mellor xestión dos recursos pesqueiros e acuícolas e para a intervención da sociedade civil na toma de decisións, formulación e xestión de proxectos a curto, medio e longo prazo. Prevese o apoio a tres liñas de intervención prioritarias:
- O fortalecemento institucional para a xestión da información e a consolidación de DPMAIP/IDEPA como organización coordinadora e centralizadora de información;
- A formación, capacitación e apoio ao sector como estratexia de apoio ao desenvolvemento económico, social e ambiental sostible da provincia;
- O apoio ao aproveitamento sostible de recursos-estratexias de diversificación, sendo necesario realizar unha análise de fontes alternativas de ingresos para as comunidades pesqueiras sen esquecer a perspectiva ambiental.
Direcção Províncial do Mar, Águas Interiores e Pescas (DPMAIP); Instituto Nacional de Desenvolvimento de Pesca e Aquacultura (IDEPA) e Instituto Nacional de Investigação Pesqueira (IIP).
Obxectivo xeral: Contribuír a loitar contra a pobreza, mellorar as condicións de vida e seguridade alimentaria das comunidades rurais e áreas costeiras da provincia de Cabo Delgado, Mozambique.
Obxectivo específico: Ampliar as oportunidades de emprego e fontes de ingresos sostibles para as comunidades rurais e costeiras a través do fortalecemento da acuicultura rural e pesca artesanal na provincia de Cabo Delgado, Mozambique.
Resultado 1: Consolidada a capacidade de xestión de información das institucións con competencia no desenvolvemento da actividade acuícola e pesqueira.
Actividade 1.1. Actualización/conclusión do censo de piscicultores na provincia de Cabo Delgado.
Actividade 1.2. Fortalecemento do sistema de obtención e xestión de datos de produción acuícola.
Actividade 1.3. Consolidación del SIAM (Sistema de Informação Aquícola de Moçambique).
Actividade 1.4. Realización do seminario anual de pesca artesanal e acuicultura rural.
Resultado 2: Mellorados os coñecementos e a capacidade técnica dos piscicultores de Cabo Delgado.
Actividade 2.1. Formación dos piscicultores rurais de outros distritos de Cabo Delgado.
Actividade 2.2. Intercambio de experiencias entre piscicultores de outros distritos de Cabo Delgado.
Actividade 2.3. Seguimento aos piscicultores de Mueda e apoio aos piscicultores emerxentes de outros distritos de Cabo Delgado.
Resultado 3: Melloradas as condicións para o aproveitamento sostible dos recursos pesqueiros e acuícolas do distrito de Pemba, Cabo Delgado.
Actividade 3.1. Realización dun taller participativo para a identificación de necesidades de capacitación e fontes alternativas/complementarias de ingresos para a asociación de mulleres da comunidade de Chuiba (Pemba).
Actividade 3.2. Estudio das necesidades de capacitación e fontes alternativas/complementarias de ingresos para a asociación de mulleres de Chuiba.
Actividade 3.3. Elaboración del plan de viabilidade para proxecto piloto de diversificación.
Actividade 3.4. Implementación de experiencia piloto de diversificación de oportunidades de emprego e fontes de ingresos alternativas/complementarias á pesca e acuicultura.
Directa:
- IDEPA/DPMAIP/ARA-Norte: 6 técnicos/as destas institucións (dúas de cada unha).
- IIP: 5 técnicos/as do IIP participarán nesta actividade.
- Equipo de extensión acuícola: 15 extensionistas (13 homes e 2 mulleres) da provincia de Cabo Delgado.
- Produtores actuais: 4 Comunidades de Piscicultores de pequena escala que xa participaron nos anos anteriores e puxeron en marcha seus proxectos piloto de acuicultura. A Asociación Paz, constituída por 10 homes e 11 mulleres e 3 Produtores máis.
- Produtores emerxentes: unha asociación de piscicultores de Pemba (4 homes) que dispón de 10 estanques e necesitan apoio técnico para a posta en marcha do modelo produtivo de piscicultura. En Metuge, grupo de 32 persoas coas que se está traballando na apertura de 10 tanques para piscicultura.
- Produtores potenciais. O efecto multiplicador derivado do éxito da produción no distrito de Mueda favorecerá o inicio doutros produtores potenciais.
- Comunidades pesqueiras. A comunidade de Chuiba, en particular as 59 mulleres e 1 home que forman parte da asociación dedicada ao cultivo do de mexillón, avaliando as oportunidades de diversificación da pesca na comunidade e implementando un proxecto piloto.
Indirecta: Persoas susceptibles de desenvolver a actividade acuícola.
Axuda Xunta de Galicia: 75.000,00 € (2018)