Análise de mapas de inundación e redución de desastres nas concas hidrográficas internas de Cabo Delgado (Mozambique). Caracterización e fortalecemento institucional en ARA Norte.
As concas dos ríos Messalo, Montepuez e Megaruma sofren continuas crecidas nas épocas de choiva, con desastrosas consecuencias para a vida das persoas e os seus bens nos Distritos próximos. Por tanto, o coñecemento detallado dos mapas de inundacións en diferentes escenarios hidrolóxicos é fundamental para a protección da poboación, a xestión dos recursos hídricos e o desenvolvemento de sistemas de alertas temperás SAT (EAS-early warning systems) por parte das institucións públicas.
No marco deste proxecto redactarase de maneira conxunta unha “Guía Técnica de Mapas de Inundabilidad e Recomendacións de Prevención en eventos extremos”, que relaciona investigación, formación e difusión, e a súa presentación e uso permitirá ás institucións, dispoñer dunha Guía Técnica para priorizar as actuacións en materia de control de inundacións. Ademais, o seu persoal técnico contará con formación específica e de calidade.
Obxectivo principal: análise das zonas de inundabilidade das concas hidrográficas internas da provincia de Cabo Delgado (Mozambique).
Obxectivo 2: traballo conxunto de análise, formación en metodoloxías de cálculo e caracterización hidráulica coa administración responsable da xestión das concas fluviais, o ARA-Norte (Administraçao Rexional de Águas do Norte)
Obxectivo 3: traballo de investigación e modelización da rotura presa de Chipembe (conca do río Montepuez, distrito de Balama), que representa a infraestrutura hidráulica principal existente en Cabo Delgado, e cuxo papel no control de inundacións é clave.
Obxectivo 4: redacción conxunta dunha “Guía Técnica de Mapas de Inundabilidad e Recomendacións de Prevención en eventos extremos”, como parte do traballo de investigación mixto en Galicia e Mozambique, por parte do GEAMA e o ARA Norte.
26.524,85 € (2014: 13.262,43 € ; 2015: 13.262,43€)